O BNG LAMENTA QUE O PP NON IMPULSE A COMPOSTAXE EN RIBADUMIA

O BNG LAMENTA QUE O PP NON IMPULSE A COMPOSTAXE EN RIBADUMIA

Nun pleno de xaneiro debateuse unha moción do BNG sobre a xestión de residuos, denunciando a suba de taxas de Sogama imposta pola Xunta e reclamando outro tratamento para o lixo, como a reciclaxe e a compostaxe. Diante disto o único argumento do PP foi que non hai alternativa a SOGAMA e que hai que pagar, anque sexa con cartos xa recadados polo concello, que SOGAMA é unha marabilla e que non é necesario cambiar nada.

Neste sentido, dende o BNG lamentamos o doble raseiro de altos cargos do PP como Louzán, que se opón á compostaxe en Ribadumia e asina un convenio entre a Deputación de Pontevedra que preside e o Concello de Pontevdra para fomentar a compostaxe.

Así, o BNG lamenta que o PP de Ribadumia non asuma o seu erro, e ao igual que a Deputación Provincial e o Concello e Pontevedra, aprove as propostas de sistemas alternativos a SOGAMA que aforren cartos á veciñanza e busquen unha maior calidade de vida. Para o voceitro do BNG, Xoán Allegue, o PP de Ribadumia non ten proxecto para o Concello, e simplemente está instlado no "non polo non".

Cabe recordar que para o 2015 agárdase outra subida do canon de Sogama de igual ou maior intensidade que a actual, e de non tomar medidas, os nosos veciños estarán novamente indefensos.

É por isto que o BNG resalta que Ribadumia, a nosa veciñanza está a perder un tempo precioso para impulsar medidas que garantan un maior benestar aos veciños. Estamos diante do exemplo dun proxecto esgotado, a impulso de cheque e ocurrencia e que non sabe a onde nos pode levar.

O BNG LAMENTA QUE O PP NON IMPULSE A COMPOSTAXE EN RIBADUMIA