3 ANOS DE GOBERNO FOLE: MORTE DO COMERCIO LOCAL

3 ANOS DE GOBERNO FOLE: MORTE DO COMERCIO LOCAL

En 3 anos que levamos de Goberno Fole queda en evidencia que o PP nunca apostou nin apostará polos sectores produtivos locais, e non so iso, senón que nos últimos tempos o Partido Popular ven abandeirando un ataque directo aos principais motores de dinamización da economía local.

Nos 3 anos que Tomás Fole leva gobernando Vilagarcía de Arousa, non apostou nunca (nin apostará) pola promoción da economía local. Este feito queda en evidencia de xeito máis intenso nos últimos meses co acontecido no tocante ao Pequeno Comercio coa futura instalación dunha grande superficie comercial na área de MEGASA e coa nula intención de levar a cabo a 2ª fase da Praza de Abastos.

Atopámonos ademais cun alcalde que minte. Atrevéndose a dicir co cal de cubrir as súas verdadeiras intencións, que non son outras que as de pasar do proxecto, que no anterior goberno tendo 12 millóns de Euros do Plan E non se fixo nada pola Praza de Abastos.

Cabe lembrarlle ao Sr. Fole, que existiron xuntas de voceiros nas que os portavoces dos diferentes partidos membros da corporación expuxeron as súas propostas para destino de dito orzamento, e que a única formación que apostou pola Praza de Abastos foi o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO.

Non houbo ABSOLUTAMENTE NINGUNHA proposta de ningunha outra formación ao respecto, incluído o PP, polo tanto que non veña agora a tentar vender que aposta pola Praza de Abastos coma motor económico de Vilagarcía de Arousa cando queda claro que nunca o fixo nin o fará.

O Partido Popular non aposta en absoluto por inverter nela. Que fixo senón o PP ao longo da súa traxectoria máis que votar en contra do proxecto da praza? Que fixo o noso goberno local máis que ABSOLUTAMENTE NADA por levar a cabo a 2ª fase da Praza nestes últimos 3 anos?

Acaso apostou Fole por incluír nos Orzamentos da Xunta de Galiza a 2ª fase da Praza de Abastos de Vilagarcía? Acaso apostou por solicitar algunha subvención a algunha administración que lle permitise rematala? Acaso intercedeu con Autoridade Portuaria (goberno amigo) para intentar resolver a problemática de aparcadoiro no noso concello? Non, polo tanto que non veña agora intentando vender a súa preocupación sobre o tema cando non é así.

Fole non só non aposta pola Praza coma motor económico do noso concello senón que ademais ten o atrevemento de rirse na cara dos praceiros votando a favor dunha moción que vai nunha liña pola cal todo o mundo sabemos que non aposta por ela. É máis, con tan só accedendo ás hemerotecas dos medios de comunicación da etapa na que Fole estaba na oposición, atopámonos con declaracións do mesmo en contra do Proxecto da Praza, e non so iso, se non que ademais existe documentación no Concello na que está reflexada cales eran as intencións do Partido Popular respecto ao Plan E.

Polo tanto, estamos ante un mero intento de lavado de cara por parte do Sr. Alcalde intentando escudarse en mentiras ou en informes técnicos inexistentes, tal e coma acontece no caso tamén do intento de instalación da grande superficie comercial na área de MEGASA a cal si sería unha aposta do goberno local, para non dar prioridade a outras obras de necesidade coma sería a 2ª fase da Praza de Abastos.

Dende o BNG solicitámoslle a Tomás Fole que deixe de tomar o pelo aos praceiros e ao pequeno comercio local en xeral e que de prioridade a obras que serían de necesidade e que dinamizarían a economía local en lugar de destinar os únicos cartos de investimento que hai nos orzamentos municipais a pouco máis que voltar a política da fonte luminosa no Castro ou a remodelar o entorno da Igrexa Sta. Eulalia.

Son nesas políticas nas que quedan claros os modelos de cidade duns e doutros, e dende logo o modelo de cidade do PP, dunha Vilagarcía morta, baleira de contidos e sen motores que tiren da nosa economía local non é o modelo que queremos dende o Bloque Nacionalista Galego.

3 ANOS DE GOBERNO FOLE: MORTE DO COMERCIO LOCAL