O BNG lamenta que Portos de Galiza continúe coas obras no porto de Sanxenxo
O BNG lamenta que Portos de Galiza continúe co proxecto no porto de Sanxenxo a pesar do rechazo do concello e veciñ@s
A deputada do BNG, Montse Prado lembra que o concello de Sanxenxo, gobernado polo Partido popular, rexeitou a construción de novos pantaláns no porto deportivo por vulnerar o plan especial de ordenación urbanística
Sanxenxo, 17 de setembro de 2013. A deputada do BNG, Montse Prado cuestionou hoxe a postura do Presidente de Portos de Galiza, Juan José Durán e preguntou si estaba ao lado da maioría dos veciños e veciñas que se opoñen á construción de novos pantaláns no porto deportivo de Sanxenxo a través dunha concesión ao Club Náutico, ou apoiaba a privatización dos espazos públicos e o amiguismo.
Tras a resposta de Durán que confirmou a continuidade das obras, Prado criticou o labor dunha administración destinada a conceder autorizacións para lucro duns poucos.
Prado advirte dun
posible caso
de amiguismo
Non me gustaría dixo, verme obrigada a falar dun novo caso de favoritismo coa persoa ao fronte do Club Náutico mesmo saltando toda a normativa en vigor cando ademais, existen informes que certifican que as obras non se axustan a esa legalidade.
A deputada do BNG, denunciou que de continuar as obras estaremos ante un novo caso de privatización de espazo público para beneficiar a uns cantos privilexiados, unha actuación, engadiu, que invade o espazo de dominio público portuario e non se axusta nin ao POL nin ao plan especial de ordenación.
A parlamentaria lembrou que os veciños e veciñas de Sanxenxo manteñen en vía xudicial as obras do porto deportivo e preguntou se despois da resposta afirmativa do responsable de Portos de Galiza, o concello de Sanxenxo iniciará un contencioso ou todo resultará un paripé para contentar a veciñanza. O concello tomará medidas ou asumirá a decisión da Xunta tamén gobernada polo Partido popular?, preguntou.
Na quenda de réplica, o titular de Portos de Galiza afirmou que a concesión non requiría informe de impacto ambiental e os técnicos dependentes da Xunta avalaron as obras do club Náutico polo que non se lle abrirá ningún expediente.
A parlamentaria asegurou que as novas prazas de amarre impedirán o uso das praias de Panadeiras e Barcos, e a xuízo do BNG, non existe xustificación algunha para restar espazo para o baño, e provocar unha evidente diminución da calidade das augas.
Prado concluíu denunciando que Portos de Galiza obviou a contestación e alarma social ante obras, o rexeitamento dos veciños e veciñas ao proxecto e o deterioro paisaxístico.