Cal é a causa dos malos cheiros na zona da Avda. de Vilariño?
Veciños e veciñas da Avenida de Vilariño, concretamente, dos edificios existentes no tramo de beirarrúa que vai desde a Rúa Pardo Bazán á Avenida de Madrid, manifestáronlle ao BNG, a súa desolación pola situación insostible pola que están a padecer debido ao malos cheiros que chegan ás súas vivendas, procedentes da rede xeral de sumidoiros. Segundo afirman, esta situación agravouse desde que hai uns anos realizouse a urbanización da Rúa Pardo Bazán e que aínda que os edificios teñen os correspondentes sifóns, nas conexións coa rede xeral de sumidoiros, o problema dos cheiros que padecen segue a ser gravísimo tendo, incluso, que abrir as fiestras para airear o piso en plena noite e ter que desaloxar aos cativos das habitacións. E como segundo afirman, o concello é coñecedor desta grave situación pero nos lles facilita ningunha solución ao problema, e polo que
SOLICITA: se respondan as seguintes preguntas:
1.- Coñece, realmente o concello, a causa da orixe destes malos cheiros nesta zona da Avenida de Vilariño? En caso afirmativo describa, concretamente, a causa.
2.- Que fixo o Concello ata o de agora para solucionarlle este problema aos veciños/as?
3.- Como está claro que a día de hoxe o problema dos cheiros, para estes veciños/as, persiste; que actuacións, e cando, pensa realizar o concello para solucionar esta grave situación?