O BNG ESIXELLE AO SR. FOLE QUE ACLARE SE PARA MEGASA VAI APOSTAR POR UNHA GRAN AREA COMERCIAL
Fole excúdase en temas legais para non contestar ao que está acontecendo cos terrenos de Megasa. O tema é se o Sr. Fole está a favor do pequeño comercio ou non. O que o BNG e o pequeno comercio queremos saber cales son as intencións do Alcalde de Vilagarcía de Arousa respeto a unha suposta implantación dunha gran area comercial nos terreos de Megasa, e iso é o que non está contestando o Sr. Alcalde.
O BNG vai a traballar en contra de que se introduza calquera tipo de gran área comercial en Vilagarcía de Arousa. Imos pelexar contra o modelo de cidade fantasma que pretende implantar o Sr. Fole e imos pelexar conxuntamente co pequeño comercio contra a barbarie que se quere implantar. O modelo de cidade que o BNG quere para Vilagarcía é o dunha cidade completamente diferente, unha cidade que apoie os nosos sectores productivos e que favoreza que a xente se aproxime e decida acudir e facer vida en Vilagarcía.
O BNG vai facer todo o posíbel por impedir a implantación de calquera gran área comercial no noso concello. O señor alcalde non se pode amparar en termos legais que todos coñecemos porque o tema non é ese, e máis, facendo referenza ás declaración do sr. Fole respecto as dúas licencias que farían falla para executar a obra, unha delas tería que serlle concedida polo concello, que pensa facer nese caso? Autorizárllela?
Dende o BNG tomaremos as medidas oportunas para impedir que, como dicía anteriormente, se instalen ditas superficies e se cometa semellante atropelo ao comercio tradicional e de proximidade no noso concello.
Esiximos ao alcalde de Vilagarcía de Arousa que se pronuncie ao respecto, que deixe claras as súas intencións e que pensa facer ao respecto, e que non faga como cando na lexislatura anterior se levou a pleno unha moción rexeitando a construción dunha grande área comercial en Vilanova de Arousa e el se abstivo dando claras mostras da súa aposta polas grandes areas comerciais, en contra do pequeno comercio.
O BNG é consciente da enorme importancia que posúe o pequeno comercio, e de que a facturación deste reinviste, na súa maior parte, na economía local, ao tempo que desenvolve un importante papel social de cohesión, dinamización e vertebración nas vilas e cidades galegas, facéndoas máis habitábeis, atractivas e seguras. Por tanto, no BNG defendemos un modelo en que prime o pequeno comercio fronte ás grandes superficies comerciais.
O BNG aposta por unha política que afortale, impulse e modernice o comercio tradicional ou de proximidade de Vilagarcía de Arousa, polo seu peso económico e a función social que implica.
Polo tanto, consideramos que é hora de que o alcalde diga claramente cales son as súas intencións, e q se pronuncie e se posicione dunha vez por todas ao respecto deste tema.