O BNG pregunta a Salomé Peña se coñecía a operación de venta de Mivisa
O BNG pregunta a Salomé Peña se coñecía a operación de venta de Mivisa e se pode garantizar que a planta manterá os postos de emprego en Ribadumia
As recentes novas relativas aodo cambio de propiedade de Mivisa provocaron unha lóxica preocupación entre parte das e dos traballadores, principalmente con respecto ao mantemento do emprego na planta que esta empresa ten en Ribadumia.
Dende o BNG, como orzanización política que prioriza a creación e o mantemento do emprego, cremos que o Goberno do PP que preside Salomé Peña debe actuar dunha maneria activa e soliticar e dar toda a información posíbel. Así, solicitamos que o concello resposte ás seguintes cuestións:
¿Coñecía esta operación de venta de mivisa?
¿Coñece se vai a supoñer modificacións no cuadro de traballadores ou manterase o emprego?
¿Tivo o goberno municipal contactos coa empresa?
O BNG solicitará información no Concello, e demandalle ao Goberno unha actitude activa, posto que os precedentes non invitan ao optimismo, xa que temos que recordar a actitude totalmente pasiva que o Goberno que preside Salomé Peña tivo con respecto á problemática de Alfageme.