O BNG SOLICITA A PARALIZACION DO PROCESO NO COBRO DO IBI
O BNG SOLICITA A PARALIZACION DO PROCESO NO COBRO DO IBI E SOLICITA UNHA NOVA REVISIÓN DOS VALORES CATASTRAIS
Neste sentido van as alegacións que presenta o BNG á aplicación da nova ordenanza por parte do goberno PP-IVIL no concello. Instando ao mesmo a solicitar do Ministerio de Facenda a paralización no proceso de cobro e da solicitude de elaboración dunha nova revisión dos valores catastrais á baixa e máis axustada a realidade.
Para o BNG a poñencia de Valores elaborada polo Ministerio de Facenda para o Concello de Vilagarcía, está baseado na burbulla inmobiliaria, e contempla unha suba excesiva no valor dos bens inmóbeis. ( en moitos casos no torno do 70% ). Cando pola contra a tendencia logo do estoupido da burbulla inmobiliaria foi a contraria e á baixa.
Para nós non é de recibo, polo tanto, seguir realizando unhas valoracións baseadas nunha filosofía especulativa, a cal deu orixe a crise que padecemos, para aplicar unha suba moi importante a un imposto como o IBI nun contexto de precaridade social.
Estamos padecendo uns gobernos do PP, empeñados en saquear á cidadanía a base de impostos para favorecer á banca e aos especuladores, sin importarlle as consecuencias tan dramáticas que este feito está xerando na maioría social e nas clases máis desfavorecidas. Unhas medidas ademáis, que o Partido Popular, aproveitando a súa maioría nos distintos gobernos, está impoñendo de forma unilateral e oscurantista.
Isto está provocando un continuo aumento de impostos e taxas rodeado dun fondo oscurantismo e dunha grave falla de información. Istos son os motivos fundamentais que nos levan a presentar as alegacións diante do goberno PP_IVIL do Concello de Vilagarcía de Arousa, solicitándolle:
1. Se solicite do Ministerio de Facenda a paralización na súa aplicación da actual poñencia de valores para o concello de Vilagarcía de Arousa publicada no BOP de Pontevedra do 28 de Xuño do 2013, por considerala sobrevalorada e de excesiva valoración non acorde coa realidade.
2. Se solicite do Ministerio de Facenda unha nova valoración catastral á baixa, amparándose tanto no feito de que este concello se atopa en proceso de revisión do PXOM, como ao amparo tamén do punto 2 apartado b) articulo 32 sobre actualización de valores catastrais do capítulo V da lei reguladora de facendas locais onde se refire a que: los Ayuntamientos podrán solicitar la aplicación de los coeficientes previstos en este apartado cuando concurran los siguientes requisitos
b) Que se pongan de manifiesto diferencias sustanciales entre los valores de mercado y los que sirvieron de base para la determinación de los valores catastrales vigentes siempre que afecten de modo homogéneo al conjunto de usos, polígonos, áreas o zonas existentes en el municipio.
3. Solicitar a mellora tanto na publicidade de tramitación da poñencia de valores por parte do Ministerio de Fomento como na ampliación no seu proceso información, incluíndo a súa información e aprobación polo pleno do concello, ademáis da súa publicación nos medios e exposición pública que garantice a sua difusión e coñecemento en tempo por parte da cidadanía .
4. Solicitar tamén que por parte deste Concello da reducción do tipo de gravamen a aplicar ao 0.40
5. Solicitar deste concello unha reforma en profundidade da ordenanza reguladora do IBI, de xeito que, entre outras, se contemplen bonificacións e exencións para as persoas con menores niveis de ingresos, se apliquen todas as reducións establecidas na normativa sobre o IBI, se incremente o gravame de viviendas desocupadas ou en desuso, se fomenten os pagamentos fraccionados e bonificados.
Dende o BNG, Pedímoslle ao goberno do Sr. Fole que deixe de ser o recadador do reino, deixe de ser unicamente o brazo executor das políticas recadatorias e de saqueo postas en marcha polo seu partido e, tendo en conta a realidade social , dea un xiro de 180º a súa política e goberne pensando en Vilagarcía e os vilagarciáns.
Por isto dende o noso grupo imos iniciar unha campaña de información á cidadanía e unha serie de iniciativas tanto no concello como noutras administracións e demáis actuacións coa intención de parar e que se modifique o aumento desproporcionado neste imposto tendente unicamente a saquear a cidadanía. Neste senso tamén promoveremos e apoiaremos todas aquelas mobilizacións sociais en contra deste catastrazo.