O BNG denuncia a desaparición do Goberno do Sr. Fole

O BNG denuncia a desaparición do Goberno do Sr. Fole

O BNG denuncia a desaparición do Goberno do Sr. Fole diante das agresión medioambientais que esta a sufrir a diario Vilagarcía de Arousa

O BNG reclama unha vez máis deste goberno do PP de Vilagarcía de Arousa, que dunha vez por todas, tome  as medidas necesarias  para evitar as constantes agresións medioambientais que esta a sufrir Vilagarcía de Arousa.

O BNG non ve de recibo que o grupo de goberno do Sr. Fole siga sen dar resposta diante dos constantes verquidos que esta a sufrir o río do Con e que o BNG ven denunciando dende fai tempo sen que o bipartito conservador tome ningunha medida nin dea ningún tipo de explicación.

O BNG considera inadmisible que diante dunhas agresións tan importantes para a nosa cidade que se están a repetir practicamente a diario dende fai meses,o PP mire para outro lado e faga oídos xordos as reclamacións dos veciños e deste grupo político na vez de tentar darlle unha solución aos problemas.

Para o BNG atopámonos diante dun bipartito (PP–IVIL) a deriva, incapaz de darlle solucións aos graves problemas que padece Vilagarcía de Arousa. Un goberno máis preocupado en recortar e privatizar para que poidan facer negocio a conta do público as empresas amigas, que traballar na procura de solucións que palíen a grave crise que padecemos nesta cidade.

So así se pode entender que diante das reiteradas peticións por parte do BNG de informes e solucións que esta a padecer nos últimos tempos o río do Con, teñamos a calada por resposta; un goberno que non ten solucionado a estaspar alturas do verán a desembocadura do rio da tripeira na praia de Compostela, que non teña atendido as peticións do BNG de arranxo dos parques e xardíns degradados de forma alarmante dende a entrada deste goberno, coma o Parque da Coca, que non se teña interesado e pedido informes sobre a falta de aplicación do protocolo na entrada de buques con mercadorías perigosas e que poñen en grave risco os nosos sectores produtivos e os moitos  postos de traballo de moitos traballadores, ...

Para o BNG a falta dunha política medioambiental do Sr. Fole resulta alarmante e moi grave xa que esta a propiciar tanto a degradación do noso entorno como a posta en risco e perda de postos de traballo.

O BNG non admite a deixadez e incapacidade deste bipartito conservador, que están a propiciar que Vilagarcía de Arousa estea a padecer un estado tan lamentable, enormemente deteriorado tanto no seu medio ambiente como no seu entorno e sen ningún control sobre as agresións aos seus sectores produtivos.

Dende o BNG esiximos do goberno do Sr. Fole que dunha vez se poña a traballar e tome as medidas necesarias para  sanear esta cidade, medidas que permitan protexer os nosos sectores produtivos, mellorar a nosa calidade de vida e ofrecer unha Vilagarcía de Arousa atractiva aos visitantes. Lembrámoslle que isto forma parte das súas obrigas como alcalde e se non ten a capacidade necesaria debe dimitir.

O BNG denuncia a desaparición do Goberno do Sr. Fole