Ribadumia SI, a pesar do Goberno do PP.
A semana pasada tivemos unha sesión plenaria en Ribadumia, no cal as mocións que presentou o BNG quedaron fóra do pleno, en palabras da alcaldesa Salomé Peña porque quero eu. É o que teñen os proxectos esgotados, quedan sen argumentos e prefiren a propaganda que o debate construtivo.
Mais eu quero chamar a atención sobre unha cuestión que levei ao pleno, a respecto dos prezos da piscina, e que me parece de vital importancia polo que significa para o noso concello, para a imaxe de Ribadumia e a súa promoción. Dende o BNG propuxemos que se revisara o prezo que teñen que pagar pola piscina as persoas que non están censadas en Ribadumia, xa que pode xogar un papel de atracción de visitantes para a localidade e ao mesmo tempo axudar a impulsar o comercio local.
Cremos que non son épocas de tirar do máis rancio localismo, senón que é momento de atraer visitantes que axuden á economía local, ao comercio, á hostelería... non se lles debe dicir aos nosos visitantes que non son benvidos, queréndolles cobrar cen veces máis que a unha persoa empadroada en Ribadumia.
Así, expuxen a necesidade de revisar situacións tales como que un pai separado que teña as fillas a vivir coa nai empadroadas noutro concello, ou un avó que teña un neto que ven gozar do verán ás nosas terras, ou un veciño de Ribadumia que acolla a un neno saharauí, etc., todos eles terían que pagar cincuenta veces máis, dándose unha situación que creo que é absurda e desproporcionada. E ademais, propuxemos que esta revisión das taxas tamén permita axudar ao comercio local, mediante descontos nas taxas para quen consuma no Concello.
Mais estas propostas atopáronse coa mesma resposta por parte do Goberno do PP: NON. Unha negativa rotunda e inxustificada, trátase de negativas que non van acompañadas doutras propostas ou iniciativas por parte do Goberno. É o mesmo NON que reciben todas as propostas do BNG para dinamizar o concello, como a creación da horta urbana ou o plan para impulsar o agro no Salnés. É o mesmo NON dos que saben que non teñen ideas novas para o Concello, dos que saben que se lles esgotou o seu ciclo, pero fronte a iso, hai xente que estamos traballando por reverter esta imaxe do noso concello, que non confundimos os intereses locais co máis ruín localismo, por iso teño que concluír que... Ribadumia SI, a pesar do Goberno do PP.
Xoán Allegue. Portavoz do BNG en Ribadumia