O BNG continuará levando os problemas dos veciños ao concello gustelle ou non ao Sr. Fole
Ante as declaracións de intencións feitas públicas hoxe polo Partido Popular coa posta en marcha de prácticas que atentan contra a normativa e a lexislación e, polo tanto, contra a democracia/práctica democrática do noso concello, dende o BNG manifestamos que seguiremos traballando por Vilagarcía de Arousa.
Tras a confirmación por parte do goberno local da súa intención de xensurar o contido das sesións plenarias, dende o Bloque Nacionalista Galego deixámoslle claro ao Sr. Fole que non vai conseguir calarnos nin facer efectiva a mordaza e a censura que pretende implantar contra o BNG.
Estamos ante un alcalde que non dubida en saltarse a normativa e a lexislación vixentes para tratar de impoñer a censura e a dictadura no concello de Vilagarcía de Arousa.
A argumentación utilizada por Tomás Fole para tratar de xustificar a súa actitude e o seu caracter dictatorial carece totalmente de sentido, xa que todos os escritos e todas as mocións presentadas polo BNG cumpren á perfección coa lexislación existentes.
En segundo lugar. Todas as mocións presentadas polo BNG son mocións que afectan a toda a cidadanía vilagarciá. Entendemos que quedarse queto mentres a veciñas e veciños lles cortan a luz, é de xente inhumana, ou que quedarse queto mentres ás traballadoras e aos traballadores lles cobran mais á vez que ven recortados os seus dereitos é de caraduras. Contra estas situacións propoñìan medidas resolutivas as mocións do BNG. É que non lle parecen de importancia á equipa de goberno?
A realidade que se traduce polo tanto da medida imposta agora por Fole, é a de que estamos ante un alcalde dictador, que pretende escaparlle ao debate plenario que evidencie a súa rancia liña polìtica, ou quizais sexa que temos un alcalde preguiceiro ao que lle da moito traballo preparar o argumentario para o debate político.
Ten que ter claro Fole que non se goberna dende o diván, senón que gobérnase pateando, falando e escoitando a asociaciòns, colectivos, e a todas aquelas persoas que teñan algo que aportar ou opinar sobre o noso concello.
Que diga polo tanto o que queira e que busque a escusa que queira para amordazar ao Bloque Nacionalista Galego. Máis aquí so hai unha realidade, que é a de que definitivamente a dictadura está instaurada en Vilagarcía de Arousa da man de Tomás Fole, e dende o BNG, coma sempre fixemos e faremos, seguiremos presentando todas as iniciativas que consideremos de importancia para o día a día da nosa cidade.