O BNG DO SALNÉS APOIU A CONCENTRACIÓN DESTE LUNS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

O BNG DO SALNÉS APOIU A CONCENTRACIÓN DESTE LUNS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

O BNG do Salnés amosou o seu apoio na concentración deste luns en Vilagarcía convocada conxuntamente por SOS Sanidade Pública e pola Iniciativa Galega pola Gratuídade da Sanidade.

Desde o BNG do Salnés seguiremos apoiando as reivindicacións destas plataformas para que non se aplique o copagamento dos medicamentos aos enfermos crónicos e pola defensa dunha sanidade de calidade e pública.

Para o BNG son inadmisíbeis as políticas do PP que están levando ao desmantelamento da sanidade pública aplicando medidas inxustas como o copagamento dos medicamentos, coa implantación do novo mapa sanitario ou coa externalización de moitos servizos sanitarios que non é máis que unha clara intención do Partido Popular de privatizar a sanidade.

Para o BNG o Sr. Núñez Feijoó ten que explicar cal é o modelo sanitario que quere implantar na Galiza, por que insiste na aplicación do copagamento dos medicamentos cando outr@s presidentes do PP no Estado Español non aplicarán esta medida e que teña en conta as reivindicacións dos profesionais e traballadores da sanidade e en xeral da sociedade galega.

 

O BNG DO SALNÉS APOIU A CONCENTRACIÓN DESTE LUNS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA