O BNG APOIA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA RESIDENCIA VALLE-INCLÁN

O BNG APOIA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA RESIDENCIA VALLE-INCLÁN

O BNG do Salnés apoia e participará na manifestación convocada para mañá mércores polo comité de empresa da Residencia Valle-Inclán ante a situación laboral no que se atopan.

O BNG entende que o conflito existente na Residencia Valle-Inclán, onde case a metade da plantilla foi despedida, non é máis que unha represalia por parte do director xeral, xa que todos formaban parte do comité de empresa ou ben tiñan interposto algún tipo de demanda  contra a empresa pola negación dos seus dereitos laborais.

Para o BNG é lamentábel que tanto a Xunta de Galiza como a Consellaría de Benestar, que mantén concerto coa empresa para a prestación de atención aos residentes, se desentendan desta situación en vez  de garantir os dereitos laborais e sociais ou solucionar o conflito existente na Residencia Valle-Inclán.

Desde o BNG do Salnés, que vimos demandando a través de distintas iniciativas no Parlamento Galego ou no concello de Vilanova unha solución á represión, á persecución sindical, aos recortes salariais que están padecendo os traballadores e traballadoras, e aos atrasos do pagamento das nóminas dos despedidos/, apoiaremos as distintas mobilizacións e por iso participaremos na manifestación convocada polo comité de empresa para mañá mércores ás 12 h., e na que estará a deputada do BNG no Parlamento Galego Montse Prado.

O BNG APOIA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA RESIDENCIA VALLE-INCLÁN