BENVIDOS ÁS RUINAS DE MEIS

BENVIDOS ÁS RUINAS DE MEIS

Desde o BNG de Meis queremos denunciar, por enésima vez, o estado deplorable no que se atopa o Centro de Saúde do Mosteiro. En Febreiro deste mesmo ano xa denunciamos publicamente que este centro estaba nun estado terceiromundista, cheo de gretas, pingueiras, auga polo chan, correntes de aire, humidades… O alcalde de Meis tivo todo o verán para arranxalo pero, para variar, non o fixo, e agora vémonos de novo entre charcos de auga, cubos debaixo das numerosas pingueiras, humidades…OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Tendo en conta a avanzada idade da maioría dos usuarios deste centro de saúde cremos que esta situación é moi perigosa, xa que @s veciñ@s poden caer e incluso ver empeoradas as súas enfermidades. Consideramos que existe un alto risco de que haxa un accidente en calquera momento, ante a pasividade do Partido Popular, ao que consideramos culpable do continuo deterioro destas instalacións, xa que tivo tempo de sobra para facer as reparacións necesarias que tanto o BNG como numerosos veciñ@s lle esixiron desde o inverno pasado. Ante unha pregunta do BNG no último pleno do día 25 acerca disto, o alcalde respostou que xa se arranxara pero que @s veciñ@s seguen queixándose. Se @s veciñ@s quéixanse é porque non se arranxou nada, todo segue exactamente igual, cos mesmos danos e os mesmos perigos, e por iso, o BNG incluíu estas reparación nas enmendas aos orzamentos da Xunta do 2015.

Esta é unha mostra máis da mala xestión do Partido Popular e do alcalde de Meis, así como outra proba do seu desprezo polos veciños e veciñas e pola sanidade pública do noso concello.

 

BENVIDOS ÁS RUINAS DE MEIS