BARÁ: “É PRECISO FORZAS GALEGAS QUE APOSTEN POLOS RECURSOS DO PAÍS COMO AS ADEGAS DO SALNÉS"

BARÁ: “É PRECISO FORZAS GALEGAS QUE APOSTEN POLOS RECURSOS DO PAÍS COMO AS ADEGAS DO SALNÉS"

O cabeza de lista para o Congreso do BNG-Nós, Luís Bará, destacou hoxe ao visitar Martín Códax que o sector vinícola galego é un dos poucos que está en expansión “máis polo seu bo facer que polas axudas recibidas”

Bará paseou tamén polo casco vello de Cambados e reuniuse con membros da Confraría de Cambados, cos que falou sobre a crise da pesca

O cabeza de lista do BNG-Nós para o Congreso pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, puxo hoxe como exemplo das potencialidades de Galiza o traballo feito polo sector vinícola do Salnés para xerar riqueza e emprego no país. Bará destacou a clara aposta pola dinamización das exportacións, a inversión en I+D+i e o apoio á cultura galega: “O sector do viño, que está constituído maioritariamente por empresas socialmente responsables, é un dos poucos que está en expansión. As cooperativas veñen traballando cunha evolución positiva, e non precisamente polas moitas axudas recibidas, senón máis ben polo seu bo facer… É preciso que haxa forzas galegas que aposten por recursos do país coma estes nos que somos unha potencia, que as institucións apoien as iniciativas para sacar Galiza adiante defendendo o noso dereito a producir. O BNG ten que estar no Congreso para dar voz a estes sectores e defender os seus intereses fronte ao nulo traballo realizado nos últimos meses por forzas satélite”, asegurou.

Bará fixo estas declaracións durante unha visita á adega Martín Códax de Cambad20160530_175012_resizedos, localidade na que hoxe centrou todos os seus actos de precampaña. Inicialmente coñeceu os viñedos e as instalacións e laboratorios da adega, despois realizou unha visita ao casco vello do municipio e posteriormente mantivo un encontro con membros da Confraría San Antonio de Cambados acompañado de outros cargos orgánicos e institucionais do BNG no que se puxeron sobre a mesa as necesidades do sector pesqueiro e as dificultades que están a atravesar pola normativa estatal e europea.

“Temos que defender e desenvolver os nosos recursos. Neste país sabémolo facer ben se nos deixan e a adega Marín Códax é un exemplo claro”, subliñou. Bará coñeceu ‘in situ’ a aposta pola innovación e desenvolvemento que vén realizando esta cooperativa do Salnés. Os proxectos que ten en marcha con universidades e centros de investigación de todo o estado español están destinados principalmente a coñecer mellor a uva albariña e mellorar a calidade dos produtos, pero tamén a buscar a sostibilidade do cultivo, con ferramentas para reducir o uso de tratamentos químicos e a cantidade de auga na produción do viño.

A día de hoxe, segundo comprobou Bará, Martín Códax tamén está a aplicar as algas mariñas para o abono de viñedos, pechando así o ciclo pro dutivo sen depender de recursos externos, utilizando unicamente recursos orgánicos e non químicos. Neste sentido, a adega está a traballar tamén coa Deputación de Pontevedra na viabilidade para tratar residuos orgánicos municipais.

Finalmente, e como outro dato a destacar, Bará loubou a política de promoción da cultura galega que están a levar adiante as ‘Bodegas Martín Códax’, co patrocinio e organización de diferentes premios no mundo da arte e da cultura. Os xerentes das adegas subliñaron que “xa dende os seus inicios a adega apoia todo tipo de expresións culturais e artísticas, dende as máis tradicionais ata as máis vanguardistas, e leva a cultura galega a tódolos recunchos do mundo onde está presente”.

As adegas Martin Códax foron constituídas en 1986 e están formadas por 270 socios que posúen 250 hectáreas de viñedo e se abastecen de outras 300 familias con 336 hectáreas de viñedo na zona do Salnés e outras dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. Trátase da principal adega exportadora da denominación e leva viño a máis de 50 países. De feito, a día de hoxe a exportación supón o 60% do seu negocio.

Confraría de pescadores

Logo dun paseo polo casco vello de Cambados, Luís Bará reuniuse cos membros da Confraría de pescadores San Antonio de Cambados. O nacionalista escoitou as reivindicacións en materia de cotas e as queixas polo nulo traballo feito dende o Goberno español para a defensa dos intereses da pesca galega e dirixiuse a eles para explicar que o BNG s20160530_200655(0)_resizedberá unha voz firme, forte e decidida en Madrid para dar voz ás problemáticas do sector. “Demostramos durante 20 anos que estamos do lado da xente, das súas necesidades, presentando iniciativas parlamentarias para defender ás clases traballadoras do saqueo e o roubo que están a supoñer para Galiza as normativas estatais e europeas no sector da pesca. O BNG debe volver estar en Madrid para dar voz ao país, xa que nestes últimos catro meses Galiza estivo ausente”, asegurou, para engadir “que son moitos os galegos e galegas decepcionados polo espectáculo da política madrileña que non deu resposta ás necesidades de Galiza”.

“As vindeiras eleccións non son unha segunda volta nin unha reválida. Son a segunda oportunidade para que Galiza poida ser protagonista, e só as forzas 100% galegas, as que non son delegacións dos intereses madrileños, demostran que poden defender ao país. Se temos ese apoio no BNG, Galiza ten futuro, porque dous deputados poden influír moito na formación dun Goberno”, finalizou.

 

BARÁ: “É PRECISO FORZAS GALEGAS QUE APOSTEN POLOS RECURSOS DO PAÍS COMO AS ADEGAS DO SALNÉS"