ASEMBLEA INFORMATIVA DO BNG EN CAMBADOS SOBRE AS PENSIÓNS QUE RECIBEN OS EMIGRANTES DO ESTRANXEIRO
O BNG de Cambados celebrará hoxe mércores 25 de setembro, ás 20.30h. no Centro Comarcal de Exposalnés, unha Asemblea Informativa sobre os requerimentos que están a recibir os emigrantes retornados por parte da Axencia Tributaria para que declaren as súas pensións que reciben do estranxeiro desde o ano 2008.
Neste acto contarase coa presenza de Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento Galego; Xosé Lois Leirós, afectado e membro da Plataforma de Emigrantes Retornados e Víctor Caamaño, portavoz do BNG en Cambados.