Aprobada por unanimidade a moción polo mantemento das escolas de educación infantil de Vilagarcía

Aprobada por unanimidade a moción polo mantemento das escolas de educación infantil de Vilagarcía

1040103_327265427404685_2022509937_oO Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou a seguinte Moción de Urxencia, no Pleno do pásado luns 26 de maio, diante da posibilidade de peche de Escolas de Educación Infantil (EEI ) no concello de Vilagarcía de Arousa, que foi aprobada por unanimidade no Pleno.

Dende a entrada do goberno do partido popular tanto na Xunta de Galiza como no goberno do estado Español, os recortes no ensino púbrico veñen sendo constantes. Tamén coa entrada en vigor da LOMCE estase a patrocinar o investimento no ensino privado a costa dos recortes no ensino púbrico..

A educación pública é o verdadeiro motor e garantía da igualdade de oportunidades, e o investimento educativo unha das mellores formas de procurar formación e base para o futuro que pon os alicerces para a mellora social, e importante para a saída da crise económica que vivimos.

Manter aos nenos e nenas escolarizados o máis cerca do seu domicilio, do seu entorno familiar e evitar o peche de unidades, cando non hai razóns para facelo, debe ser unha prioridade, prioridade para manter a calidade de vida e prioridade para fixar poboación nas zonas rurais e non contribuír á súa desertización.

En Galiza a educación pública xa sufriu un retroceso significativo desde 2009 logo da ocupación da Xunta polo PP e debido a súa política educativa de recortes e falta de atención. Por unha banda, reduciron considerabelmente o número de profesores e profesoras do ensino público e, por outra, incrementou as unidades escolares concertadas e as subvencións encubertas as mesmas, reducindo de xeito constante as bolsas para o alumnado, as axudas aos comedores escolares, ao transporte escolar ou a eliminación de profesorado.

Esta política de aposta pola privatización do ensino en detrimento do púbrico, tivo, como consecuencia, entre outras moitas, o ano pasado o intento por parte da Consellería de Educación do peche de dúas escolas unitarias ( EEI ) deste concello como foron as do Pedroso e Solobeira. Peche que finalmente non se levou a cabo grazas a movilización dos colectivos de pais e nais e a aprobación por unanimidade deste Pleno da moción presentada polo BNG.

 

Este ano estes centros volven a cumprir co mínimo de matriculación establecido para o novo curso, e por elo a súa continuidade debería estar garantida. Con todo a día de oxe, contrariamente o ano pasado, non se ten coñecemento nin información sobre as intencións da Consellería de Educación sobre estos centros, nin a traves da lista de admitidos que xa tería que haber sido exposta nin a través de comunicación as mesmas docentes dos centros

Por estas razóns o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego presenta a seguinte Moción de Urxencia para o seu tratamento no Pleno de Vilagarcía de Arousa e solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte ACORDO:

1. Realizar con caracter de urxencia as consultas necesarias por parte do goberno deste Concello a Consellería de Educación da Xunta de Galiza para coñecer cales son as intencións da mesma en relación coa continuidade dos centros ( EEI ) do noso Concello e trasladar esta información os demáis grupos da corporación e tamén os representantes dos propios centros.

2. Aprobar o Posicionamento deste Pleno de Vilagarcía de Arousa en contra de calquera peche de escolas infantís ( EEI ) no noso concello.

3. Dar traslado deste acordo a Consellería de Educación da Xunta de Galiza.

 

Aprobada por unanimidade a moción polo mantemento das escolas de educación infantil de Vilagarcía