O representante do BNG ven de reclamar na Xunta da Autoridade Portuaria a cesión do espazo para o pavillón náutico municipal

xabier rios e lucia
xabier rios e lucia

Neste senso o BNG considera que  o porto debe atender unha demanda que resulta fundamental para o concello de Vilagarcía e o seu deporte vencellado ao mar.

O representante do BNG ven de reclamar na Xunta da Autoridade Portuaria a cesión do espazo para o pavillón náutico municipal

O BNG a través do seu representante no Consello do Porto  presentou esta reclamación na última reunión da  xunta celebrada esta mañá. Xabier Ríos portavoz do BNG no concello de Vilagarcía manifestou a necesidade que ten o noso municipio de contar con un espazo conectado co mar para poder desenvolver os deportes náuticos e a obriga do porto de facilitar esta necesidade ao noso concello.

Para o BNG  Vilagarcía debe manter o seu vínculo co mar, e tamén co deporte náutico e a autoridade portuaria ( porto ) debérao  ter en conta e facilitar a concesión dun espazo que permita a nosa cidade seguir mantendo ese vencello co noso mar e co deporte náutico.

Non debemos esquecernos que  Vilagarcía de Arousa foi referencia no relacionado cos deportes náuticos, en especial coa vela. Deste xeito á larga lista de campións galegos, de España, europeos, mundiais e olímpicos que deu este deporte, habería que engadirlle outros en deportes como a pesca, pesca submarina, piragüismo, etc.

A pesares deste feito,  que para calquera outro concello sería motivo de orgullo e un estímulo para a potenciación por parte da administración local,  e o seu goberno, destes deportes relacionados con algo tan noso como é o mar. En Vilagarcia ano tras ano ( nos últimos anos) estamos a ver como as distintas instalacións destinadas aos deportes náuticos se van deteriorando, até o punto de non reunir as condicións mínimas para a práctica do deporte, ou simplemente teñen desaparecido. Isto ten tido como consecuencia que @s nos@s nen@s, xóvenes e cidadanía en xeral lles resulta moi difícil poder practicar estes deportes.

A día de hoxe non existe unhas infraestruturas municipais que permitan a práctica de xeito continuado e nunhas condicións que se poidan considerar  óptimas. A pesares da existencia de diferentes clubs, estes ou non contan con infraestrutura adecuada, e vense na tesitura de non poder ofertar a práctica destes deportes ou mesmo desaparecer. Todo elo está a provocar por unha banda que os que queren disfrutar destes deportes se teñan que desprazar a outros concellos, e por outra que non se estén a potenciar estes deportes n@s máis cativ@s.

Neste senso, resulta incomprensible que nunha cidade como Vilagarcía non se teñan tomado as medidas para evitar este estado de abandono no referente á práctica destes deportes, tendo en conta tanto a historia como o vinculo que debéramos ter co noso mar.

Para o BNG non é de recibo que as nosas crianzas non poidan disfrutar do deporte náutico no noso concello, e se vexan impedidos de poder practicalo ou obrigados a trasladarse a outros lugares para poder facelo.

Dende o noso grupo consideramos que por parte do porto se deben asumir estas necesidades e tomar as medidas necesarias para evitar, que algo tan fundamental como é o deporte e tan importante como resulta a nosa vinculación co mar, desaparezca de Vilagarcía.

Neste senso dende o BNG imos levar ao próximo pleno unha moción para que esta petición sexa unha reclamación institucional de toda a corporación.

O representante do BNG ven de reclamar na Xunta da Autoridade Portuaria a cesión do espazo para o pavillón náutico municipal