O BNG VEN DE REUNIRSE COAS NAIS DE BAMIO
Neste encontro, que está encadrado dentro da rolda de reunións que o BNG está a ter cos distintos colectivos veciñais, fixeron un repaso a todos aqueles temas que foron reclamados no seu día, e o seu estado actual.
Dentro dos encontros que dende o BNG se veñen mantendo cos distintos colectivos e asociacións en relación cos orzamentos e o seu estado de execución, o BNG ven de reunirse coas nais de Bamio co fin de comprobar o estado de execución e resolución dos distintos problemas que a través desta organización se tiñan trasladado ao goberno de Vilagarcía de Arousa.
Neste senso poidemos comprobar que segue pendentes temas importantes como: o paso de peóns e a instalación semafórica, as beirarrúas, a conexión de Bamio con Carril, arranxos importantes na escola unitaria, ademais doutros temas.
A valoración pois, non pode ser outra que a falta de implicación do goberno á hora de darlle unha solución aos problemas que está a padecer a cidadanía de Bamio e que veñen reclamando dende hai tempo.
Por este motivo, dende o BNG comprometémonos con estas nais a solicitar e manter unha reunión conxunta co goberno ( BNG, Nais e Goberno ) para poñer prazos de execución e dar solución a estes problemas. Lembremos que para o BNG o compromiso da resolución destes problemas vai ser determinante á hora de falar dos próximos orzamentos.
No BNG entendemos que o compromiso coa cidadanía debe ser o prioritario e polo tanto para a nosa organización está por enriba de calquera outro; e neste senso vamos tamén reclamar do goberno que cumpra cos mesmos.
Por este motivo é polo que dende o BNG vamos a seguir con esta rolda de contactos tendo programado xa o próximo encontro que será co eido da cultura ( asociacións culturais, colectivos e creadores ) mañán venres día 26 as 20:15 h. no seminario nº2 do auditorio