VÍCTOR CAAMAÑO PREGUNTA POLAS OBRAS DO PAVILLÓN DO COLEXIO ANTONIO MAGARIÑOS.

VÍCTOR CAAMAÑO PREGUNTA POLAS OBRAS DO PAVILLÓN DO COLEXIO ANTONIO MAGARIÑOS.

O voceiro do BNG en Cambados Víctor Caamaño denuncia, que trascorrido o curso escolar 2013-2014 e tras a publicación no Portal Educativo da Xunta de Galiza e en distintosVíctor Caamaño. medios de comunicación no mes de agosto do ano 2012, informacións sobre as obras que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tiña planificado realizar nese curso escolar no Colexio Público Antonio Magariños, o proxecto de obras para a mellora do pavillón aínda está sen rematar.

Naquel momento, a Consellería informaba da existencia dunha partida para o arranxo das instalacións deportivas, principalmente, para a mellora da pista deportiva cuberta. Para Víctor Caamaño quedou demostrado, desde hai tempo, que ese anuncio era mera propaganda a pesar de que o arranxo da pista cuberta resultaba urxente, porque cando chove non é posible realizar actividades de educación física polo perigo que supón, para a integridade física do alumnado.

Desde o BNG non entendemos como un proxecto que a Consellería, hai varios anos que tiña orzamentado, volve a retrasarse de novo escusándose a Xunta, desta volta, en que aínda non está rematado. A última promesa que se lle fixo á comunidade educativa do colexio Magariños foi no pasado mes de novembro, e aínda que o Delegado Territorial catalogou estas obras como prioritarias, semella que unha cousa é o discurso político do PP e outra ben distinta o compromiso cunha comunidade educativa que se está a sentir repetidamente enganada, desde hai anos, pola evidencia de que a palabra dada en varias ocasións pola Xunta, está a ser incumprida reiteradamente; polo que

Diante desta situación o BNG de Cambados ven de presentar unha serie de preguntas no concello para saber en que mes estará rematado o proxecto de obras do pavillón e cando comenzarán as prometidas obras no Antonio Magariños,

 

 

VÍCTOR CAAMAÑO PREGUNTA POLAS OBRAS DO PAVILLÓN DO COLEXIO ANTONIO MAGARIÑOS.