UNHA VEZ MÁIS, FOLE CONTINÚA MENTINDO

UNHA VEZ MÁIS, FOLE CONTINÚA MENTINDO

No Bloque Nacionalista Galego xa estamos afeitos as mentiras empregadas polo Sr. Fole para tratar de xustificar ás políticas económicas que dende que entrou no goberno grazas a IVIL está a aplicar.

Nos últimos 2 anos e medio levamos escoitando constantes mentiras por parte de Tomás Fole á hora de xustificar as políticas económicas que está aplicando.

Se nun principio cansouse de mentir falando da débeda da herdanza recibida, minte agora de novo no referente aos recibos pendentes de pago. A aparición de continuos remanentes de tesourería demostran que o todo o dito por Fole era falso, e no que se refire aos recibos pendentes de cobro prescritos, dende o Bloque Nacionalista Galego temos claro que é unha mera cortina de fume para tratar de desviar a atención tanto da suba de impostos, taxas e prezos públicos prevista para este pleno, como do antisocial orzamento presentado polo bipartito de goberno.

E non so iso, queda claro que trátase dunha cortina de fume por ocultar toda a sangría levada a cabo dende o Partido Popular, cando o Sr. Fole decídese precisamente agora a levalo a cabo e non cando mercou o goberno hai dous anos e medio. Se era un tema que tanto lle preocupaba porque non se decidiu a levalo a cabo antes? Porque obviamente agora é cando estamos diante do maior saqueo levado a cabo na súa lexislatura.

Ademais no Bloque Nacionalista Galego temos claro que desta actuación poden sacarse dúas conclusións a cal máis preocupante. Por unha banda, que unha vez máis Fole mostra a liña que pretende seguir ao longo da lexislatura perseguindo sempre aos mais desfavorecidos, xa que agora, coa nova suba de taxas e impostos, moitas serán as familias que non poidan facer fronte aos pagos ao concello, o cal, por outra banda, desembocará nunha oleada de embargos por parte do Sr. Fole ao ser esta unha medida que ten defendido en vaias ocasións.

O que temos claro dende o Bloque Nacionalista Galego é que este mero intento de lavado de cara, de cortina de fume que pretender vender, non vai tapar a crúa realidade que se pretende aprobar o vindeiro 26 deste mes. Realidade que sería ben distinta se o PP se adícase a perseguir aos morosos das empresas amigas ou a por en práctica medidas de senso común como serían as de que a Igrexa ou incluso Autoridade Portuaria pagasen o IBI.

UNHA VEZ MÁIS, FOLE CONTINÚA MENTINDO