FOLE VETA UNHA MOCIÓN DO BNG QUE SOLICITA O SUMINISTRO ELÉCTRICO A PERSOAS SEN RECURSOS

FOLE VETA UNHA MOCIÓN DO BNG QUE SOLICITA O SUMINISTRO ELÉCTRICO A PERSOAS SEN RECURSOS

Ademais da negativa manifesta polo alcalde a contemplar calquera iniciativa que non repercuta no incremento da suba de impostos, taxas e prezos públicos municipais, agora hai que sumarlle a censura e o veto á hora de permitir levar a pleno mocións que vaian nese sentido.

O pasado día 13 o Bloque Nacionalista Galego de Vilagarcía de Arousa presentou no rexistro do concello unha moción para garantir o suministro eléctrico ás persoas sen recursos, coa finalidade de que fose incluída na orde do día deste pleno apra o seu debate e posterior aprobación.

Ao recibir a proposta de Orde do Día observamos que a iniciativa do BNG non fora incluída na mesma, motivo polo cal na comisión informativa de onte solicitamos que se nos informase sobre porque non aparecía dita moción incluída sendo presentada en tempo e forma e a única contestación que recibimos foi a de que a inclusión ou no da mesma era competencia do alcalde e se non a incluía os seus motivos tería.

Esta é a tónica constante que nos últimos dous anos e medio estamos a padecer, a dunhas comisións informativas nas que realmente non se contesta aos grupos da corporación sobre as dúbidas prantexadas e nas que única e exclusivamente tratan de pasarse a pelota os uns aos outros, ese é o grupo de goberno que temos en Vilagarcía de Arousa. O non por resposta ante a falla de argumentación e o veto e o impedimento para tan sequera levar a debate plenario calquera iniciativa política cando non casan, coma neste caso, coas políticas económicas do Partido Popular.

A técnica do PP consistente en pasar rodillo, débese pada o Bloque Nacionalista Galego a unha clara mostra da aplicación da liña ate o de agora mostrada polo señor Fole de seguir realmente nun futuro a aplicar unha constante suba de impostos, taxas e prezos públicos sen contemplar pola contra ningún tipo de conxelación e ningunha toma de medidas que realmente repercuta nunha dotación de servizos á cidadanía nin en dotar de solucións nin atender ás dramáticas situacións nas que agora mesmo se atopan moitas persoas cuxo número nos vindeiros anos irá a maior.

Este caso especialmente, para o BNG é especialmente grave ao tratarse unha moción como a que levamos de garantir o suministro eléctrico, un servizo básico e de tanta necesidade para o pobo, a todas aquelas persoas que non poden facer fronte agora mesmo aos pagos do mesmo, persoas que se ven afectadas polo cada vez máis alto custe da vida debido as medidas que o PP, representado por Fole en Vilagarcía está a impoñer.

Ao noso entender, O goberno local non só debe garantir por medio da administración municipal e dos servizos sociais públicos o apoio as persoas que o precisaren, senón que tamén debe impulsar diante do Estado español e da Xunta de Galiza iniciativas para que a prestación de servizos básicos destinados aos grupos máis desfavorecidos e medidas específicas dirixidas a persoas en risco de exclusión social e con necesidades especiais permitan contribuír a garantir o benestar, a saúde e calidade de vida nesta situación dramática que padecen.

Co veto imposto queda demostrado polo tanto, que as cortinas de fume as que faciamos referencia esta semana dende o Bloque Nacionalista Galego son o que son, fume, e non hai nin haberá por parte do bipartito de goberno do noso concello ningunha intención de parar este saqueo ao peto dos cidadáns nin de tratar de mellorar a súa situación poñendo en práctica outro tipo de iniciativas.

 

FOLE VETA UNHA MOCIÓN DO BNG QUE SOLICITA O SUMINISTRO ELÉCTRICO A PERSOAS SEN RECURSOS