O PP, defensor de corruptos
Así tilda o responsábel do BNG no Salnés ao PP e aos seus dirixentes. Estes que son o bastantes covardes para non asumir as súas responsabilidades. Catalina, Louzán e Feijoo, covardes, seguen a esconderse tras un espantallo para non asumir as súas responsabilidades.
Luís Serantes é un mentiroso e un irresponsábel, ben se ve, e a formación que o substenta ben se ve que non é mellor.
A alcaldesa de Sanxenxo está imputada por prevaricación, suborno, é dicir, por corrupción política e aproveitamento do seu cargo, cargos o suficientemente importantes para esixir a dimisión.
Ademais o PP non é quen de esixir responsabilidades aos corruptos e condenados, que son lexión no PP.
Isto só se pode entender dentro do que é o PP, unha camarilla de corrupción, e do que personaxes como estes representan.
Con todo é doado entender o papelón deste señor Serantes. O seu posto de traballo na Deputación depende de que lle ría as grazas ao amo e aos que manteñen o amo. Outros falamos dende a indpendencia para pensar e opinar.
Xoán Allegue, portavoz comarcal