Política de subvencións e de “chiringuitos”

Política de subvencións e de “chiringuitos”

Hai uns días, os medios de comunicación informaban sobre un tema que xa leva sendo motivo de discrepancia co PP nas tres últimas citas electorais de ámbito municipal. O BNG sempre foi moi crítico co modelo do PP de creación dunha rede de museos en Cambados e desde hai máis dun decenio ven argumentado que os museos municipais en xeral, están baleiros de contido e que aportando moi pouco, levan tempo saíndo moi caros ás arcas públicas. A verdadeira raíz deste problema é a falta dun claro proxecto político do PP para o noso concello, reducíndose este exclusivamente, á presentación das novas obras como único “argumento” para cada campaña electoral. E a rede de museos formou parte desa proposta electoral do PP; unha proposta museística que non xurde como debera, dun proxecto claramente definido e cunha finalidade precisa, senón que se creou en función da subvención pública casual que orixinou unha instalación, un “chiringuito” careVíctor Caamaño.nte do máis mínimo atractivo, que nunca se actualiza, que xamais se enriquece con actividades ou actuacións temáticas, pero que coa axuda dalgunha outra subvención podería dar unha oportunidade laboral a algún novo enchufado-interventor do PP (este si é un dos verdadeiros obxectivos deste tipo de política curtopracista).

En todos estes anos nada fixo o PP por aportar un mínimo sentido común ao funcionamento da cara rede de museos e tivo que ser a crise económica a que lle fixera ver a realidade. E como actualmente remataron as subvencións e as axudas públicas (tamén para a sanidade, para a educación, para a dependencia, para os autónomos …, para todo excepto para ideas brillantes como as “Pousadas do Salnés”, as comportas do Saco de Fefiñáns …), a rede de museos resulta economicamente inviable e semella que o concello está a buscar man de obra gratuíta para seguir prestando un servizo cultural carente de interese e agardando, claro, que os novos responsables, de apertura e peche, lle aporten o atractivo que o concelleiro de cultura e alcalde non tivo nin o interese nin a capacidade de aportarlle.

 

Política de subvencións e de “chiringuitos”