O BNG LEVA ANOS ADVERTINDO DA DEGRADACIÓN DOS AREAIS DE SANXENXO
Con respecto ás declaracións de determinados propietarios afectados pola degradación da praia e entorno da Carabuxeira, o BNG de Sanxenxo quere poñer en claro determinadas cuestións.
No que respecta ás preguntas efectuadas por parte do BNG no Congreso dos Deputados, debemos aclarar que faise referencia a todos os areais galegos e aqueles bens afectados polos temporais, centrando a atención a TODOS os areais do Concello de Sanxenxo, sen excluír a ningún deles. As referencias as praias de Bascuas e A Lanzada eran pola súa condición de bandeira azul.
David Otero, Voceiro do BNG de Sanxenxo manifestou que: Somos perfectamente conscientes da NECESIDADE e URXENCIA de acometer obras en praias e os seus contornos como en A Carbuxeira ou Nanín, que son as grandes esquecidas dende fai máis de unha década por parte de todas as administracións dos distintos gobernos. Agora ben, o deterioro da praia da Carabuxeira ven dado por a construción ILEGAL dunha obra no espigón do Porto Deportivo, que deu como resultado a degradación do entorno da Carabuxeira xunto coas propiedades que alí existen, e isto veuse agravado polos temporais
As consecuencias advertidas en solitario polo BNG fai 14 anos respecto ao exceso da construción do espigón no Porto Deportivo, visualízase a día de hoxe en forma de degradación absoluta do entorno da Carabuxeira e as graves consecuencias económicas para os veciños e veciñas de Sanxenxo: 850.000 de multa pola ilegalidade das obras e agora 901.500 + intereses para rexenerar o entorno a conta novamente dos bolsillos d@s veciñ@s de Sanxenxo.
Resulta moi sorprendente as enérxicas críticas que verten algún dos propietarios afectados contra o BNG fronte as suaves e nalgún caso inexistentes críticas dos principais actores de este despropósito, non sabemos se por descoñecemento das posicións do BNG neste asunto ou ben por contaminación á que os somete determinadas forzas políticas da corporación.
O actual concelleiro de Medioambiente de VIPS e socio do goberno do PP era no momento que se cometeu esa ilegalidade no Porto alcalde de Sanxenxo polo Partido Socialista.
Dende o ano 99 goberna o Partido Popular en Sanxenxo e Catalina xa era membro activo do goberno cando o concello se fixo coa concesión do Porto Deportivo asumindo a multa interposta por Portos de Galicia á empresa privada Davila Lago, e aceptando a imposición de depositar o aval de preto de 1 millón de euros para cubrir futuros danos ( hoxe é unha realidade) nas praias do entorno do Porto. Imposición efectuada polo goberno de Aznar e Rajoy e que hoxe temos que pagar entre todos os veciños e veciñas.
Oito anos de goberno do estado socialista non impediron estas consecuencias nin serviron para dar unha solución a través de Costas do Estado a esta problemática, a pesar de que a degradación do entorno era xa moi evidente.
Por parte de estes mesmos propietarios, fan afirmacións en prensa de forma repetida de que dende o BNG nos opuxemos a unha moción presentada no mes de xaneiro por parte do grupo SAL, afirmando que esa moción era para axilizar os trámites administrativos polos efectos a causa dos temporais. Queda claro que non coñecen a redacción de esa moción, que non coñecen o debate de esa moción e que tampouco coñecen o resultado de esa votación. En ningún momento na devandita moción se menciona nada relacionado cos danos ocasionados polos temporais, en ningún momento se contempla ningunha axuda ou compensación aos veciños afectados, so que se axilicen os permisos para que sexan os propios afectados quen paguen as súas reparacións, e sobre todo porque na moción se exime de responsabilidade e custes dos danos ocasionados aos dous principais responsables: Portos de Galicia e Costas do Estado. En canto a votación, se alguén impediu que prosperara esa moción foron os votos en contra do Partido Popular e de VIPS.
E tras reiteralo en múltiples ocasións, o BNG insiste na URXENCIA de reparación do entorno da Carabuxeira e as propiedades danadas como consecuencia de unha aberración consentida por Portos de Galicia, Costas do Estado e os gobernos municipais de PSOE e PP dende o inicio de construción de esa obra. Así mesmo, dende o BNG esiximos que os custes da rexeneración de 1 millón de euros non o teñan que asumir os veciños e veciñas de Sanxenxo cos seus impostos, como así o está a asumir o goberno municipal bipartito.
Dende o BNG sempre defendemos e defenderemos que todos os nosos entornos e areais deben ser coidados e protexidos, así mesmo sempre velaremos polos intereses dos veciños e veciñas de Sanxenxo.