A DECISION DE ACABAR CO VAIBIKE POLO PP TINXE DE LUTO AS XORNADAS DA MOBILIDADE

A DECISION DE ACABAR CO VAIBIKE POLO PP TINXE DE LUTO AS XORNADAS DA MOBILIDADE

O BNG considera que a decisión tomada poloé o vaibike! onde vai2 PP trala súa entrada no goberno do Concello de Vilagarcía de Arousa de acabar co Vaibike supuxo a estocada de morte para a viabilidade do plan de mobilidade.

É O VIABIKE! ONDE VAI? é a pregunta que o PP e Fole deben responder á cidadanía de Vilagarcía en calquera xornada de mobilidade. E tristemente a resposta deixa en evidencia a nula aposta do PP por calquera plan de mobilidade. Un PP que nada máis entrar no goberno decidiu eliminar o servizo de aluguer de bicicletas en contra dunha gran parte da cidadanía que demandaba a seu mantemento.

O BNG, non pode entender ningún plan de mobilidade si previamente se ten desmantelado un servizo tan importante e tan demandado como era o Vaibike!. Un servizo de préstamo que en Vilagarcía de Arousa cumpría coamellor ratio de uso por habitante de toda Galiza e pese a isto e as miles de sinaturas de cidadáns entregadas polo BNG solicitando que se mantivese este servizo, o goberno de Fole decidiu eliminalo.

Para o BNG queda claro que a política do Partido Popular non pasa por potenciar realmente a mobilidade nos concellos nos que goberna. Así pese a que o Sr. Fole estivo vendendo repetidamente nos últimos tempos a posta en marcha e restitución, inmediata, do servizo do vaibike! (a última ía ser antes deste verán), estas resultaron ser promesas que o PP nunca cumpriu nen nunca tivo intención de facelo. Por iso que, dende o BNG, os anuncios sobre a restitución deste servizo ou outros como o do metrominuto (en Vilagarcía, VaiaPe!) feitos polo PP supoñen un mero brindes ao sol e teñen unha finalidade meramente propagandística. Finalidade que ademáis de indecente resulta unha burla para a cidadanía.

O BNG cree necesario que o Concello de Vilagarcía conte xa cun plan de mobilidade que ademáis de permitir á cidadanía do desfrute da cidade lle aporte melloría na calidade de vida.

O BNG vai a poñer en marcha unha campaña, a través da que baixo o lema E O VAIBIKE! ONDE VAI?, solicitándolle ao PP de Vilagarcía de Arousa a restitución deste servizo tan demandado na nosa cidade. E que Fole, se realmente quere levar adiante un plan de mobilidade que teña en conta á cidadanía, debe restituír e poñer en marcha XA!

A DECISION DE ACABAR CO VAIBIKE POLO PP TINXE DE LUTO AS XORNADAS DA MOBILIDADE