O BNG TRASLADA AO PARLAMENTO A SÚA INTENCIÓN DE PARALIZAR A INSTALACIÓNS DE FUTURAS ÁREAS COMERCIAS
ANTE O DESPROPÓSITO DE MEGASA O BNG TRASLADA AO PARLAMENTO A SÚA INTENCIÓN DE PARALIZAR A INSTALACIÓNS DE FUTURAS ÁREAS COMERCIAS NO NOSO CONCELLO
A proposición non de lei, interpelación e preguntas presentadas no Parlamento de Galiza encontranse no interior
Dende o BNG acabamos de presentar no rexistro do Parlamento Galego unha Proposición Non de Lei así como diferentes preguntas para ser tratadas nas diferentes comisión e no Pleno Parlamentar.
Tal e coma dende un principio denunciamos dende o BNG, estes días sairon á luz as verdadeiras intencións que están previstas para as futuras actuacións na parcela de MEGASA, que non son outras que a de construír unha grande área comercial na mesma.
A intención de Tomás Fole de apoiar esta iniciativa quedou clara dende sempre. A pesar das súas mentiras (encubrindo que efectivamente houbera ofertas polos terreos de MEGASA e que a finalidade do estudo de detalle non era outra que a de favorecer a futura instalación dunha grande área ou superficie comercial alí), dende o primerto momento o Sr. Alcalde opúxose a calquera iniciativa presentada polo BNG para que se paralizase dito proxecto, ben sexa a moción presentada polo noso grupo na sesión plenaria contra a instalación de grandes superficies no noso concello, ou ben sexa contra a proposta por parte do BNG na última mesa de comercio de elaborar unha declaración institucional de apoio ao pequeno comercio e contraria a instalación de grandes superficies en Vilagarcía, propostas estas dúas contra as que o Alcalde se opuxo taxantemente.
Por todo isto, é polo que dende o Bloque Nacionalista Galego estamos en contra da aprobación do Estudo de Detalle que se vai a prantexar na sesión plenaria do vindeiro luns e polo que vimos de presentar no rexistro do Parlamento Galego unha Proposición Non de Lei así coma unha batería de preguntas para que nos sexan contestadas nos diferentes organismos do Parlamento, coa finalidade de paralizar o proxecto de MEGASA e impedir futuras instalación de áreas comerciais en Vilagarcía de Arousa.
Premede nas ligazóns seguintes para ver a proposición non de lei, interpelación e preguntas presentadas no Parlamento de Galiza: