O BNG solicita por rexistro unha copia do PXOM e que a exposición pública se amplie a 3 meses
O BNG solicita por rexistro unha copia do PXOM, ante a imposibilidade de acceder ao mesmo, e que a exposición pública se amplíe a 3 meses para que as veciñas e veciños teñan máis tempo para presentar alegacións
Vilagarcía de Arousa, 18 de outubro de 2013.- Tendo coñecemento, a través dos medios de comunicación, da oferta feita por parte do goberno do Concello de Vilagarcía de Arousa, para a posibilidade de consulta da revisión do PXOM nas dependencias municipais, o BNG asistiu a dita consulta está maña e comprobamos que dita consulta esta suxeita a previa autorización dun membro designado do goberno (concelleira responsable de Urbanismo ou o propio alcalde) e que unha vez autorizado, dita autorización contempla a visión desta información nas dependencias do propio concello e exclusivamente en horario laboral.
Ante a imposibilidade, por cuestión laborais e persoais, dos membro dos Grupo Municipal do BNG, a acudir soamente en horario de mañan. O BNG solicitou, por rexistro, unha copia do PXOM de Vilagarcía de Arousa, en papel ou, preferiblemente, en formato dixital.
Na mesma solicitude o BNG pide que o PXOM se expoña ao público durante 3 meses para que as veciñas e veciños de Vilagarcía de Arousa teñan máis tempo para presentar alegacións.
A Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza establece que o período de exposición pública e, por tanto, de presentación de alegacións sexa de dous meses.
Sen embargo, considerando as circunstancias e trabas que está poñendo o bipartito conservador para acceder ao PXOM de Vilagarcía o BNG considera que sería moi beneficioso para os veciños e veciñas que o prazo do trámite de información pública se ampliara máis dos dous meses.
De este xeito, e aplicando o establecido no punto 1 do artigo 49 da Lei de Procedemento Administrativo que permite que a Administración, de oficio, poida conceder unha ampliación dos prazos establecidos que non exceda da metade dos mesmos, o BNG solicita que o plan aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído tódolos informes que fagan parte do PXOM, sexa sometido ao trámite de información pública durante un prazo de tres meses.
O BNG quere que este sexa o Plan das veciñas e veciños de Vilagarcía de Arousa, e para iso necesitase o maior tempo posíbel de exposición pública para que tod@s o coñezan.