O BNG SOLICITA QUE SE LLE INFORME DUNHA FACTURA DE 1300 EUROS CORRESPONDENTE A UN CATERING DA VOLTA

O BNG SOLICITA QUE SE LLE INFORME DUNHA FACTURA DE 1300 EUROS CORRESPONDENTE A UN CATERING DA VOLTA

O BNG SOLICITA POR REXISTRO QUE SE LLE INFORME DUNHA FACTURA DE 1300 EUROS CORRESPONDENTE A UN CATERING DA VOLTA CICLISTA

Premer na ligazón interior para velas preguntas

Dita factura faría referente a un cateríng que imaxinamos que tería lugar o 26 de Agosto do 2013. Data na que a volta ciclista atravesou o noso concello. Máis cómpre lembrar que a nosa cidade en ningún momento acolleu ningún evento, como pode ser un inicio ou un remate de etapa, que levase a tal desembolso das arcas municipais.

Na acta da Xunta de Goberno Local do pasado 20 de decembro, aparece reflexada unha factura de 1300 euros en concepto de "Catering Vuelta Ciclista España 2013". Dende o Bloque Nacionalista Galego, acabamos de presentar no rexistro do concello un escrito no que solicitamos que se nos informe sobre varias dúbidas que se nos prantexan arredor de dito desembolso, máis tendo en conta que a nosa cidade en ningún momento acolleu ningún evento, como pode sear un inicio ou un remate de etapa, que levase a tal desembolso das arcas municipais

Dende o BNG, entendemos que atopámonos nun momento no que os orzamentos do Concello deber ir destinados a outro tipo de iniciativas, a outro tipo de políticas. Ademais, queda ao descuberto a incoherencia do PP, cando por unha banda non fai máis que aplicar recortes económicos á cidadanía, os cales se traducen nun recorte de servizos, amparándose nunha falsa austeridade provocada según eles pola herdanza recibida e, sen embargo, por outra banda adícanse a gastar 1300 euros nun catering ao que haberá que ver quen asistiu, máis temos por seguro que traducirase nunha comilona para amigos do Partido Popular.

Agardamos que se responda a nosa solicitude antes do fin da lexislatura, e que se nos informe de cal foi a finalidade de dito catering, de que persoas asistiron ao mesmo, e de por qué o noso concello foi o que tivo que facerse cargo do importe resultante.

2014-02-04 Preguntas BNG catering volta ciclista

O BNG SOLICITA QUE SE LLE INFORME DUNHA FACTURA DE 1300 EUROS CORRESPONDENTE A UN CATERING DA VOLTA