O BNG APOIOU A CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLOS EMIGRANTES RETORNADOS DO SALNÉS
O BNG do Salnés participou hoxe na concentración convocada pola Plataforma de Emigrantes Retornados ante a Delegación de Facenda en Vilagarcía de Arousa en apoio ás reivindicacións deste colectivo.
Para o BNG é inxusto os requerimentos que están a recibir os emigrantes retornados por parte da Axencia Tributaria para acreditar as cantidades percibidas das pensións que reciben do estranxeiro desde o ano 2008.
Desde o BNG consideramos que o Goberno debe anular os expedientes sancionadores, polo total descoñecemento que tiñan estas persoas de dita obrigación tributaria e, informar a todos os afectados e afectadas das súas obrigas ante Facenda a partir de agora anulando as sancións correspondentes entre os anos 2008 e 2012.
Para o BNG é lamentábel que se persiga a este colectivo que durante moitos anos tiveron que abandonar a súa terra en busca dun traballo e que agoran reciben unhas pensións do estranxeiro que a maioría delas non superan os 1000 euros mentras o Goberno do PP aproba leis para que as grandes fortunas e os grandes defraudadores se acollan á amnistía fiscal pagando só un 8% do IRPF e evitando ademais calquer recargo ou sanción.