O BNG de Ribadumia pide explicacións do acontecido no CPI Xulia Becerra Malvar
Vanessa Fariña critica a falta de información facilitada aos pais e nais
O BNG de Ribadumia, por voz da súa portavoz Vanessa Fariña, pídelle ao Concello que dea explicacións sobre o que acontece no colexio de Barrantes. Esta demanda vén a raíz da mensaxe enviada pola dirección do colexio aos pais e nais. Nela comunícaselle aos pais e nais que o colexio tramitou unha solicitude de autorización para o uso do parque infantil, o pavillón mailo campo de fútbol. Tamén se require pola responsabilidade civil e o estado destas instalacións. En dita mensaxe infórmase aos pais e nais de que namentras o Concello tramita dita solicitude, así como o requerimento de responsabilidade civil e mantemento das citadas instalacións, os recreos faranse na zona delimitada polas cancelas e nas clases de Educación Física o alumnado permanecerá nas aulas.
Dende o BNG esiximos un cambio de actitude do concello que conduza a unha colaboración total cos nosos centros de ensino. Ademais cremos que non é de recibo que se teña que chegar a por parte do colexio a solicitar o mantemento de ditas instalacións e que os pais non teñan a fiabilidade de que son seguras para os seus fillos e fillas.
O BNG lamenta que o Colexio tivera que tomar estas medidas e espera que o equipo de goberno o solucione o antes posible e lle dea explicacións aos veciños e veciñas.