O BNG preguntará porque os carteis d obra das institucións públicas non poñen de canto é a inversión
O BNG de Ribadumia preguntará porque os carteis de obra das institucións públicas non poñen de canto é a inversión que se realiza
O BNG afirma que con esta estrataxema o PP tenta ocultar que está a despilfarrar o diñeiro de todas e todos
O BNG de Ribadumia preguntará no pleno deste xoves en Ribadumia polos carteis das obras públicas no concello. A pregunta vén dada porque nas máis inmediatas intervencións (igrexa, campo de fútbol, ...) os carteis que anuncian as obras non conteñen os datos relativos ao seu custo.
O BNG esixirá unha explicación xa que considera que é unha omisión dun dato fundamental, a cantidade que as administracións públicas gastan en cada obra. Falamos dos cartos que se lle recadaron mediante os impostos a toda a veciñanza, afirma o portavoz do BNG de Ribadumia, Xoan Allegue.
O BNG destaca tamén que se trata de unha estrataxema do PP. Estes non dan puntada sen fío, afirma Xoán Allegue. Mentres din que non hai cartos para servizos fundamentais como o ensino, pensións, medicamentos, sanidade... dilapidan os nosos cartos en obras que o máis mínimo sentido común non faría. Ocultado os investimentos, no fondo, o PP está a recoñecer que despilfarra o diñeiro de todos e todas nos seus caprichos.
Segundo o BNG, esta ocultación responde a que cada día a cidadanía percibe con maior claridade o despilfarro co que moitos gobernantes utilizan os cartos públicos e ten medo que isto lle pase factura, é por isto que o BNG suxerirá que se informe aos veciños de en que se están a gastar os cartos de toda a cidadanía e en que contía, pois é un dereito fundamental.