O BNG preguntara no Pleno canto ingresará o Concello polas instalacións das pistas de pádel

O BNG preguntara no Pleno canto ingresará o Concello polas instalacións das pistas de pádel

O BNG preguntara no Pleno canto ingresará o Concello polas instalacións das pistas de pádel na explanada do Auditorio e o criterio do Goberno de Fole para cederlle a explanada nas festas ao seu amigo Lito

O BNG preguntará no próximo pleno sobre os criterios manexados por parte de Fole para concederlle a explanada do auditorio a empresa do seu amigo LITO para a celebración dun torneo de Pádel, e sobre a recadación do concello por este evento.

O feito de que se aproveiten as festas de Vilagarcía de Arousa para montar unhas pistas en plena explanada do auditorio coa escusa da celebración dun torneo de Pádel (O torneo Open San Roque Condesa Sport Vilagarcía) cando, para o BNG, o que en realidade esconde é a utilización dun espazo público para a promoción do negocio privado dunha persoa amiga. Porqué senón faise en plenas festas e non na festa do deporte que resultaría máis lóxico? Será que non quere competencia? porqué non o fai nas súas instalacións (responsábeis tamén da destrución da nosa fachada marítima) que contan ademais cunha situación privilexiada?

Neste senso para o BNG o que resulta máis preocupante é a disposición do PP de poñer ao dispor desta empresa do seu amigo Lito calquera ben público deste concello. Non chegou con ofertarlle no seu día o Recinto de FEXDEGA, a oferta e autorización Express para montar o macro negocio en primeira liña marítima, autorización e colaboración de balde en todos aqueles actos que realice no concello, senón que agora volta a concederlle protagonismo nunhas baleiras festas de Vilagarcía e ademais volta a cederlle o recinto de FEXDEGA para que almacene o material e a utilización das súas gradas mentres dure o evento. En definitiva, unha situación que para o BNG resulta escandalosa e máis propia dun goberno que ten concedido o dereito de pernada a unha empresa amiga. Un dereito de Pernada que, neste caso, parece non ter límites na disposición dos recursos públicos.

Por este motivo o BNG quere respostas as preguntas que neste próximo pleno vai formular ao Goberno sobre:

  • Cal foi o criterio que levou o goberno a concederlle a esta empresa o uso da explanada do Auditorio?
  • Canto vai recadar o concello por este evento?
  • En que condicións se lle cedeu o recinto de FEXDEGA como almacén?
  • Cal foi o alugueiro concedido pola súa ocupación e pola utilización da súas gradas?
  • Vai a repercutir no concello ou ben será o PP o que cobre en sobres, en B, para financiar a campaña das eleccións municipais?

Para o BNG non é de recibo o trato privilexiado e de favor que esta empresa está a ter por parte deste goberno do PP de Vilagarcía, e esixímoslle ao sr. Fole que dunha vez por todas deixe de utilizar os bens e recursos públicos para beneficiar ao seus amigos. Amigos e empresas, como neste caso a Condesa Sport do seu amigo LITO.

 

O BNG preguntara no Pleno canto ingresará o Concello polas instalacións das pistas de pádel