O BNG pide explicacións polo tratro que recibiron @s emigrantes [email protected] en Vilagarcía de Arousa.

O BNG pide explicacións polo tratro que recibiron @s emigrantes [email protected] en Vilagarcía de Arousa.

A deputada do BNG, Montse Prado, ven de presentar unha serie de iniciativas no Parlamento Galego sobre o trato recibido polo colectivo de emigrantes [email protected] do Salnés na Delegación da Axencia Tributaria de Vilagarcía de Arousa.

A Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés volveuse a mobilizar o pasado martes polas rúas de Vilagarcía de Arousa co obxectivo de denunciar o trato discriminatorio que están recibindo por parte da Axencia Tributaria Española, e exixir a modificación, en concreto da Lei35/2006 que establece criterios fiscais prexudiciais para o colectivo.

A nacionalista denuncia que se prohibise nun principio a entrada @s participantes da manifestación que 20140214_114941quixeron entregar na Delegación da Axencia Tributaria un escrito, de xeito individualizado, dirixido ao Sr. Montoro, responsábel da Axencia Tributaria Española, e que ante a insistencia [email protected] [email protected] foilles permitido a entrada con limitacións no acceso.

Para o BNG é inadmisíbel o trato que recibiron estas persoas chegando a escoitarse por parte de persoal da Axencia Tributaria que “o colectivo de emigrantes [email protected] tiñan prohibida a entrada á Delegación de Facenda e que eran ordes dos xefes de A Coruña”

Ante esta situación, o BNG demanda que o Parlamento de Galiza rexeite a actuación realizada na Delegación da Axencia Tributaria de Vilagarcía de Arousa contra @s membros da Plataforma de Emigrantes [email protected] do Salnés e insta ao Goberno galego a que se dirixa ao Goberno español demandando explicacións polo acontecido e mostrarlle o rexeitamento a comportamentos deste tipo contra os dereitos do pobo.

Finalmente, a deputada pregunta si os métodos de coacción, represión e privación de dereitos que se están a practicar contra colectivos, coma o de Emigrantes Retornados, que demandan respostas aos seus graves problemas, contribúen a solucionalos.

 

 

 

O BNG pide explicacións polo tratro que recibiron @s emigrantes [email protected] en Vilagarcía de Arousa.