O BNG insta á Xunta a solucionar as inundacións que sofren @s veciñ@s de Trabanca Sardiñeira
A deputada do BNG, Montse Prado logo de reunirse cos veciños e veciñas de Trabanca Sardiñeira en Vilagarcía de Arousa ven de presentar no Parlamento unha serie de iniciativas para que o Goberno Galego de solucións ás constantes inundacións que sofren nesta parroquia tras a construcción da variante norte.
Desde a construción da chamada variante norte de Vilagarcía que une a PO-548 á altura da Carril coa rotonda de Baión e Godos onde conflúen a estrada PO-531, Vilagarcía-Pontevedra co enlace do porto de Vilagarcía e a N-640, a zona de Trabanca Sardiñeira no concello de Vilagarcía de Arousa leva sufrindo inundacións por mor dos cambios tanto na orografía como do desvío de augas consecuencia da construción da mesma.
A deputada do BNG critica a falta de interese da Xunta de Galiza por non atender as demandas d@s veciñ@s de Trabanca Sardiñeira en xeral e moi especialmente da Asociación de Veciños Santiago de Afora que levan anos denunciando inundacións nas súas propiedades e vivendas, que deterioran os pasos viais, fincas, hortas, servizos varios, sen que ata o de agora se tivera feito ningunha actuación.
A parlamentar do BNG insta ao Goberno galego a atender as demandas d@s veciñ@s de Trabanca Sardiñeira, en especial do lugar de Loureiro, e realizar de inmediato todas as actuacións precisas para solucionar as inundacións sistemáticas que padecen nas súas propiedades, producidas a partir da construción da chamada variante norte de Vilagarcía.