O BNG INSTA AO GOBERNO GALEGO A ESTUDAR A ORIXE DOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS NA TORRE DE SAN SADURNIÑO.

O BNG INSTA AO GOBERNO GALEGO A ESTUDAR A ORIXE DOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS NA TORRE DE SAN SADURNIÑO.

As nacionalistas Montse Prado e Ana Pontón presentaron unha iniciativa parlamentar para que o goberno galego realice as actuacións precisas sobre a existencia dos restos dunha edificación que apareceron xunto á torre de San Sadurniño en Cambados.

Con motivo dos recentes temporais que sufriu a costa galega, a erosión do mar deixou ao descuberto outra vez,  os restos dunha antiga edificación xunto á torre de San Sadurniño en Cambados, que xa no ano 2011 o temporal provocara o mesmo e a única medida que se adoptara daquela, logo das denuncias feitas polo BNG, foi a de tapar estos restos con area para evitar a degradación e destrución.

Según os historiados no illote de San Sadurniño, en Cambados, existe os restos dunha torre que formaría parte dun sistema defensivo, xunto coa torre da Lanzada e as Torres de Oeste, construído polos bispos Sisnando e Xelmírez para protexerse das invasións normadas, nos séculos X e XI. O coengo Jerónimo del Hoyo, na visita que fai ao arciprestazgo do Salnés no ano 1607, e que se recolle nas “Memorias do Arcebispado de Santiago”, reflicte a existencia neste illote, entre outras edificacións, dunha ermida e de “…una casa fuerte que por los dos lienços le rodea el mar. Dicen la fundó Pedro Pardo, el mariscal…” Son tamén numerosos os testemuños de historiadores que relacionan este lugar coas persoas de María de Ulloa, Sueiro Gómez de Soutomaior, Dona Urraca ou as revoltas irmandiñas.

Para o BNG é indubidábel a importancia histórica dos restos que hai, e que nun futuro se poidan atopar, no illote de San Sadurniño, non só para a historia local de Cambados, senón para a historia de Galiza; polo que para as nacionalistas é necesario que por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural se leve a cabo as actuacións precisas para determinar a orixe dos restos postos ao descuberto e ademais da protección dos mesmos, facer os traballos de escavación e investigación, que nos poden desvelar importantes datos para a nosa historia.

 

O BNG INSTA AO GOBERNO GALEGO A ESTUDAR A ORIXE DOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS NA TORRE DE SAN SADURNIÑO.