O BNG DENUNCIA QUE A XUNTA QUERE DESMANTELAR O SERVIZO ADUANEIRO GALEGO

O BNG DENUNCIA QUE A XUNTA QUERE DESMANTELAR O SERVIZO ADUANEIRO GALEGO

A deputada do BNG, Montse Prado reclamou, a través dunha Proposición non de lei instar á Xunta a manifestar o seu rexeitamento ante o Goberno español do traslado ao Mediterráneo dunha das lanchas do SAG con base en Vilargacía

Na proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Montse Prado incluía manter os medios actuais e recuperar o avión 112 con base en Santiago de Compostela e o helicóptero Dauphiné con base en Vigo así como reemprazar as embarcacións con base en Ribadeo e Muros.

A parlamentaria solicitou ademais, cubrir a totalidade das vacantes do persoal e eliminar a “ridícula” taxa de reposición mudándoa por unha “Oferta pública de Emprego” con prazas suficientes e ofertar prazas en concurso de traslados.

Montse Prado trasladou ao Parlamento “a preocupación” dos colectivos contra o narcotráfico polo desmantelamento progresivo dos recursos humanos e materias así como a incapacidade para as actuacións por falta de relevos.

A parlamentaria lembrou que o pasado venres, 12 de xuño as Asociacións coPrado-en-comisiónntra a droga organizaron unha concentración en Vilagarcía para visibilizar 25 anos de traballo contra o narcotráfico e lembrar a “Operación Nécora”. De confirmarse as previsións de desmantelar o SVG, recalcou a deputada, a medida incidirá moi negativamente na loita contra o narcotráfico.

O narcotráfico, lamentou a nacionalista, “non é un problema menor”, o consumo de droga segue a ser importante e os barcos que chegan de alta mar continúan utilizando as costas galegas para as súas operacións ilícitas.

O PP desminte o traslado da embarcación do Servizo de Vixilancia aduaneira

O portavoz de pesca do PP, José Manuel Balseiro asegurou que tras consultar a Axencia Estatal da Administración Tributaria “é falso” que exista algunha previsión, “presente o futura” de trasladar a embarcación de vixilancia aduaneira de Vilagarcía polo que anunciou o voto en contra á proposta nacionalista.

Nós, afirmou, Balseiro, defendemos un reforzo xeral dos servizos e corrixir as deficiencias detectadas pero non apoiaremos “falsas alarmas” publicadas polos medios de comunicación de Vilagarcía.

Montse Prado acusa ao PP de oporse ás iniciativas para reducir o narcotráfico

Na quenda de réplica, a deputada lamentou a resposta do voceiro popular e explicou que a propia Dirección galega de vixilancia aduaneira e a Delegada da Axencia Tributaria confirmaron á Fundación Galega contra o Narcotráfico que “barallan facer o traslado” polo que reclamou ao portavoz do PP que amose o escrito no que desminte o traslado, “oralmente barallan facelo e non está desmentido”, reiterou.

Non entendemos cal é o problema do PP para demandar do Goberno galego que “se opoña á intención de facer ese traslado”. Para o PP, o narcotráfico “non é unha prioridade” e parece que prefiren que o Presidente da Xunta se pasee pola Ría de Arousa “bronceándose” con narcotraficantes, concluíu.

O BNG DENUNCIA QUE A XUNTA QUERE DESMANTELAR O SERVIZO ADUANEIRO GALEGO