O alcalde de Catoira e o PSOE polo camiño de privatizar servizos municipais
Tócalle ao mantemento do alumeado público e custaranos 1,5 millóns de .
O alcalde de Catoira e máis o grupo municipal do PSOE van privatizar o servizo de mantemento do alumeado público.
Hoxe, o servizo está atendido por empregados municipais que contan con medios e experiencia suficientes para atender o servizo de xeito razoable. E agora, dentro desas decisións que ninguén entende, o alcalde, co apoio dos concelleiros do PSOE quere que sexa unha empresa privada a que se faga cargo durante os próximos 10 anos por un importe de máis de 1,5 millóns de euros (150.000 euros cada ano máis IVE). Precarización e pésimo servizo é o que pode agochar esta decisión do alcalde.
O BNG sospeita que detrás desta privatización, está o insoportable nivel de endebedamento do concello, que lle impide acometer por si mesmo, as necesarias obras de conservación e reforma para lograr un maior aforro enerxético.
Isto vai significar que este servizo deixe de ser municipal. Ao BNG preocúpalle como pode afectar ás traballadoras e traballadores municipais, non só aos que realizan ata o de agora estas tarefas, se temos en conta o que está a pasar noutros concellos (ERE).