Imprimir

O BNG denuncia pasividade ante os efectos da vertedura de aceite

bngosalnes | 13 de Marzo de 2018

Tres meses despois dunha vertedura de aceite de oliva por un accidente, os seus efectos continúan patentes, sen que se coñezan accións por parte do Concello e a Consellería de Medio Ambiente.

Transcorridos tres meses do accidente dun camión cargado de aceite de oliva na cuneta da estrada que une Catoira con Caldas, e cuxas augas van ao regato das Cachopeiras que desemboca no río Catoira, os efectos seguen a ser ben patentes, como se apreza nas fotografías tomadas o domingo 11 de marzo.  

O BNG quere denunciar a pasividade das administracións competentes neste tema, e que semella menosprezar a importancia deste tipo de verteduras. Se ben son menos contaminantes do que sería no caso de aceites minerais ou derivados do petróleo, non poden considerarse inocuas en absoluto, podendo afectar á calidade das augas e á vida acuática.

Dende o BNG de Catoira reclámase:

  • Que a Consellería de Medio Ambiente (e o seu organismo Augas de Galicia en particular) realicen a análise e avaliación da zona afectada por esta vertedura.
  • Que ditos departamentos estuden a posibilidade de reclamar danos e prexuízos á empresa de transporte e/ou á súa aseguradora, nomeadamente a posta en marcha de accións de mellora e corrección, de seren precisas.
  • Que o Concello de Catoira exerza a súa capacidade de xestión e reclamación neste tema, exixindo e velando polo cumprimento destas accións.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/catoira/bng-denuncia-pasividade-efectos-da-vertedura-aceite/20180313104849001432.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego do Salnés

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal