FRONTE A SITUACIÓN DE EMERXENCIA QUE VIVE RIBADUMIA, O GOBERNO DO PP OFRECE “IGREXA E FUTBOL"

FRONTE A SITUACIÓN DE EMERXENCIA QUE VIVE RIBADUMIA, O GOBERNO DO PP OFRECE “IGREXA E FUTBOL"

Para o BNG ás políticas do PP en Ribadumia supoñen unha versión aínda máis grotesca do “pan e circo” romanos e demándalle que deixe de dar as costas aos problemas da veciñanza

O Goberno que preside Salomé Peña en Ribadumia mira para outro lado ante forte crise que estamos a padecer as veciñas e veciños de Ribadumia, cunhas consecuencias que son agravadas polas políticas de recortes dos servizos públicos e de suba das taxas e impostos indirectos dos Gobernos do que está a levar a cabo os gobernos do PP nas diferentes institucións.

Dunha banda, continúa empeñado en construír o cuarto campo de fútbol do Concello, onde se levan invertidos 400.000 mil euros na adquisición de terreos, e acaba de aprobarse o proxecto, que custará un millón de euros máis. Doutra banda, o PP ofrece un lamentábel espectáculo de submisión do ámbito público ao eclesiástico, primeiro, organiza un homenaxe ao cura. Dende o BNG, sen cuestionar os méritos desa persoa, parécenos obvio que o PP realiza esa homenaxe polo seu papel ao fronte da Igrexa, posto que é evidente que por méritos, son moitas as persoas que merecerían unha homenaxe no noso pobo. Ademais, o que é o máis grave, entre concello e Deputación de Pontevedra van a costear o arranxo da Igrexa de Ribadumia, cifrado polo PP en 200.000 euros. Para o BNG trátase dunhas políticas absolutamente fora da realidade, máis propias doutros séculos.

Neste sentido, o portavoz municipal do BNG, Xoan Allegue, preguntou por estas cuestións ao Goberno municipal no pleno deste xoves, tanto sobre cal foi o motivo de que se fixera esa homenaxe persoal por parte do Concello como se non lles parecía pertinente que o pleno no concello se posicionase sobre o convenio que Ribadumia asinou coa Deputación para gastar cando menos 200.000 euros na Igrexa de Ribadumia.

Para o BNG, resulta incríbel que estas sexan as prioridades de gasto do PP. Así, mentres os Concellos onde o BNG ostenta a responsabilidades de goberno, estes sáltanse o “corsé” competencial e ofrecen alternativas ante os recortes do PP tanto na Xunta como no Estado, o Goberno do PP de Ribadumia, vive nunha dimensión paralela, onde non so non leva a cabo ningunha actuación contra a crise, senón que, como se doutra época se tratase, despilfarran os recursos de todos en actuacións propias doutra época. Así, Allegue demanda que o Concello deixe de darlle as costas aos veciños e actúe fronte aos recortes do que están a realizar o PP na Xunta e no Estado.

FRONTE A SITUACIÓN DE EMERXENCIA QUE VIVE RIBADUMIA, O GOBERNO DO PP OFRECE “IGREXA E FUTBOL"