O BNG VAI INICIAR UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN A CIDADANIA DIANTE DA SUBA DO IBI PROPOSTA POLO PP

O BNG VAI INICIAR UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN A CIDADANIA DIANTE DA SUBA DO IBI PROPOSTA POLO PP

Esta campaña de información vai ter como obxetivo principal dar a coñecer as veciñas e veciños de Vilagarcía de Arousa a repercusión que vai ter para eles esta suba no tipo de gravame e a nova valoración no Imposto de bens inmóbeis ( IBI ) proposto polo goberno do PP.

Para o BNG nón é de recibo tampouco a arbitrariedade coa que o goberno central do PP ven de impoñer esta medida, de forma unilateral e limitando a autonomía dos propios concellos.

Un ataque frontal a autonomía do concello de Vilagarcía de Arousa que para o BNG condena aos propios cidadáns dos concellos a soportar unhas cargas impositivas con uns incrementos difíciles de soportar nestes tempos de crise.

É precisamente por este motivo polo que o BNG unha vez realizado as charlas informativas e asembleas non descarta a realización de calquera outras actuacións.

Para o BNG non é de recibo esta situación de imposición de suba reiterada de impostos e que supón unha sangría constante para a maioría social e as clases máis desfavorecidas, que se están a ver abocadas a unha situación de asfixia económica e incluso de exclusión social.

É por isto polo que dende o BNG avogamos pola non subida deste gravame que invade as competencias dos concellos e dar maior competencia a estes e por suposto plantexar uns presupostos que contemplen e baseados na progresividade e que paguen máis aqueles que máis teñen.

O BNG VAI INICIAR UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN A CIDADANIA DIANTE DA SUBA DO IBI PROPOSTA POLO PP