O BNG ACUSA AO PP DE “RETRASO PREMEDITADO” NA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DO SALNÉS

O BNG ACUSA AO PP DE “RETRASO PREMEDITADO” NA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DO SALNÉS

A parlamentaria, Montse Prado cualificou de “escándalo” o cambio de datas, cifras e previsións  as obras e acusou de “mentir” a conselleira de Sanidade por  anuncialas para  2014, posteriormente para o 2015 e agora Feijóo  no  2016

A deputada do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta na comisión de Sanidade relativa á execución das obras de ampliación do Hospital do Salnés ante os diversos cambios de datas, cifras e previsións anunciadas pola Xunta.  Tras a resposta da directora xeral de Recursos Económicos, Lourdes Vila Chán afirmando que as obras se farán   nos prazos establecidos cunha execución de  “dous anos”, a deputada denunciou un  “retraso premeditado” por parte do PP co fin de  continuar co desmantelamento da Sanidade pública e concretamente do Hospital do Salnés.

Na súa intervención, Prado lembrou que “as alarmas” no Salnés están encendidas ante  a inconcreción das obras  de ampliación do Hospital e a comarca “non merece o que vostedes están a facer cos seus veciños e veciñas de Vilagarcía, Cambados, Ribadumia, Illa de Arousa, Vilanova e Catoira”.

Hai seis anos, dixo,  o PP prometeu executar as obras e a finais do 2014 “non están sequera adxudicadas”. O  peor, recalcou, é que cada vez inventan “unha escusa diferente” para incumprir o seu compromiso.Para a deputada, respecto para os veciños, é definir unha data concreta e non “facer cada ano un movemento diferente”.

Prado explicou que o día  1 de Agosto do ano 2012 o consello da Xunta acordou entre outras disposicións, que o SERGAS contrataría a redacción de proxecto, obra e mantemento de quince centros de saúde e a ampliación do Hospital do Salnés cun investimento de 11 millóns de euros.Por outra parte, en  agosto do 2013, a direccións xeral de Recursos Económicos anunciaba a contratación e en xullo do 2014, esta mesma dirección tamén anunciaba a licitación para a devandita contratación das obras, “cada ano un movemento diferente e non precisamente de terras nin pás” as obras, Dr.directora,  seguen sen estar  adxudicada, dixo.

A parlamentaria tamén  aludiu as recentes  declaracións de Rocío Mosquera nas que afirmou que este ano iniciaríanse as obras que nin sequera están adxudicadas  polo que preguntou  “a quen temos que crer” a non ser que “teñan unha variña máxica” porque tampouco existe partida orzamentaria para as obras previstas no ano 2015.

Xuntanza anterior de Montse Prado coa Xunta de Persoal do Hospital do Salnés

Pola súa parte, a directora xeral , Lourdes Vilar Chan, confirmou  que as as obras están en fase de licitación e a finais deste mes serán adxudicadas para inicialas en decembro, “unha vez formalizado o contrato”. A fase 0 explicou, inclúe unha nova vía de acceso e redes de gas, auga e iluminación e na seguinte fase 1 e 2A serán executadas para novas urxencias e cirurxía que serán completadas  cos bloques de apoio e hospital de día cun orzamento total de 9 millóns de euros financiando no 2015 parte deste importe con fondos FEDER e o “importe da obra a executar no 2016” con fondos autonómicos.

Tras a resposta de Vilar Chan,  a nacionalista reiterou que o PP segue cun “retraso premeditado” das obras para seguir no camiño de desmantelar a Sanidade pública e cualificou de “escándalo” a dilación das obras para ampliar o Hospital do Salnés.

 

 

 

 

 

 

O BNG ACUSA AO PP DE “RETRASO PREMEDITADO” NA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DO SALNÉS