SITUACIÓN DRAMÁTICA QUE SE ESTÁ A DAR NO SECTOR MARISQUEIRO POLA MORTANDADE DO BERBERECHO

SITUACIÓN DRAMÁTICA QUE SE ESTÁ A DAR NO SECTOR MARISQUEIRO POLA MORTANDADE DO BERBERECHO

O BNG LEVA AO PARLAMENTO POLA VÍA DE URXENCIA A SITUACIÓN DRAMÁTICA QUE SE ESTÁ A DAR NO SECTOR MARISQUEIRO POLA MORTANDADE DO BERBERECHO

O Grupo Parlametar do BNG vén de presentar, para o pleno deste mércores, unha serie de preguntas para que a Conselleira do Mar diga cales son as iniciativas e accións que se teñen adoptado para paliar os efectos de mortandade do berberecho na Ría de Arousa e concretamente nos Lombos do Ulla.

O sector mariqueiro é unha fonte de ingresos para miles de persoas da Ría de Arousa, que ven como cada día se atopan nunha situación lamentábel, non só pola baixada de prezos do berberecho, pola baixada de capturas ou pola disminución do consumo, se non polo abandono total por parte da Consellaría do Mar que non busca unha solución a este problema.

O BNG denuncia que non é de recibo que se leve máis de 2 anos con esta situación, logo de que a Consellaría veña de descartar que a alta mortaldade do berberecho esté orixinada polas riadas ou polas obras do viaducto do Ulla, se non  pola incidencia que o parásito Marteilia refrigens está a ter sobre o berberecho.

Desde o BNG vimos demandando á Conselleira do Mar que adopte dunha vez por todas as decisións oportunas ante o inicio da campaña marisqueira para o vindeiro mes de outubro, dada a preocupación que se está a dar neste sector, que ve como cada ano a extracción do berberecho é cada vez inferior, pasando de capturar máis dun millón de qg ao ano, aos 350.000 qg no ao 2012 e  aos 17.000 qg. do que vai neste 2013.

Dese o BNG esiximos á administración competente e á Xunta de Galiza que se deixen de dilatar esta situación e que nos diga en Pleno  cales son as medidas para paliar os efectos da actual mortaldade do berberecho e as medidas sanitarias adoptadas para que non contaminen outras zonas produtivas.

SITUACIÓN DRAMÁTICA QUE SE ESTÁ A DAR NO SECTOR MARISQUEIRO POLA MORTANDADE DO BERBERECHO