QUEN DESPRESTIXIA A CAMBADOS E AO ALBARIÑO?

QUEN DESPRESTIXIA A CAMBADOS E AO ALBARIÑO?

2014 07 30 piscina cambados 003Hai un dito popular que lle cabe como traxe á medida ao alcalde de Cambados “Cando o sabio sinala a lúa o necio mira para o dedo”.

Unha vez máis Luis Aragunde tenta fuxir das súas responsabilidades ao respecto dos problemas que ten o noso concello, e así fiel ás técnicas de despiste practicadas polo Partido popular bota tinta de lura sobre a problemática da piscina municipal acusando ao BNG de boicotear a Festa do Albariño.

O pasado mércores traballador@s da piscina que levan meses sen cobrar e usuari@s dese servizo municipal que periga neste momento organizaron unha protesta diante do concello que é o único responsábel desta situación, e a esa protesta tamén asistiron veciñ@s que amosaron a súa solidariedade c@s traballador@s e preocupados polo posíbel peche da piscina municipal. E asistimos tamén membros do BNG, craro que sí porque por moito que lle incomode a Luis Aragunde e ao PP o BNG seguirá defendendo os intereses dos veciñ@s do noso concello nas institucións e na rúa como fixemos sempre, algo que non fai el pese a cobrar un salario público.

Quen verdadeiramente desprestixia a Cambados é un alcalde que:

  • Permite que unha empresa concesionaria da piscina municipal teña a uns traballador@s que cumpren día a día co seu cometido nos seus postos de traballo sen cobrar.
  • Coa súa nefasta xestión está a poner en perigo a continuidade deste servizo co prexuízo que a súa desaparición tería para @s usuari@s e coa conseguinte destrución de postos de traballo.
  • Non moveu un dedo para defender os xulgados de Cambados fronte a intención do goberno do Cbaleiro do Albariño Mariano Rajoy de eliminalos deixando a Cambados e aos concellos do redor sen un servizo fundamental e provocando uns danos incalculábeis na economía da nosa vila.
  • Que mantén a Festa do Albariño como un coto pechado do Partido Popular permitindo que sexa inaugurada por unha Conselleira que non ten feito nada polo sector sendo ademáis a responsábel da crítica situación pola que está a pasar nestes momentos outro sector económico básico do noso concello como é o Mar.
  • Permite que o delincuente Jaume Matas actualmente en prisión cumprindo condena manteña a condición de Cabaleiro do Albariño manchando así o nome do noso concello.
  • Non adopta medidas para que a festa sexa participativa e un verdadeiro escaparate do sector, e só está preocupado en que cada ano se superen records de botellas como se estiveramos diante dun simple botellón.
  • Cada vez que hai un problema o único que fai é prometer pero nunca solucionar e cando alguén lle pide explicacións todo son excusas.

O BNG esixe a Luis Aragunde que busque unha solución xa ao problema da piscina municipal e que non busque excusas, e en canto á festa do Albariño o BNG leva presentado suficientes propostas para prestixiala e convertila nunha festa participativa de todo Cambados sen distincións políticas, propostas que sempre foron rexeitadas por un Partido Popular que a convertiu no seu coto privado.

Consello Local do BNG de Cambados.

QUEN DESPRESTIXIA A CAMBADOS E AO ALBARIÑO?