Prado: “ A comarca do Salnés queda relegada á irrelevancia nos Orzamentos da Xunta de Galiza"

Prado: “ A comarca do Salnés queda relegada á irrelevancia nos Orzamentos da Xunta de Galiza"

A deputada no Parlamento Galego, Montse Prado fixo unha primeira valoración dos Orzamentos da Xunta de Galiza e lamentou que o Partido Popular incremente os investimentos nas Consellarías de Presidencia e Vicepresidencia, baixo a tutela de Alfonso Rueda, para facer reparto clientelar entre os concellos onde gobernan diante das citas electorais do vindeiro ano.

Para o BNG estos non son un orzamentos para a recuperación da economía galega, que tanto precisa este país, nin tampouco para a nosa comarca. Son uns orzamentos para a desesperanza e demostra a falta de compromiso do Partido Popular con esta comarca.

Para a nacionalista a comarca queda totalmente relegada á irrelevancia nestes orzamentos, onde non hai partidas concretas destinadas á creación de emprego, tendo en conta que a nosa comarca é unha das comarcas con maior taxa de desemprego de Galiza. Prado critica a baixada das partidas nas Consellarías de Medio Rural e Mar, sendo o sector do mar un sector estratéxico e fundamental para o desenvolvemento económico do Salnés. Prado denuncia que haxa partidas para o desmantelamento e desguace das embarcacións e non partidas destinadas ao estudo da mortandade do berberecho, para a recuperación dos bancos marisqueiros ou o saneamento da nosa ría.

A deputada tamén denuncia a desaparición de investimentos nos servizos pú20141021_130240blicos da comarca como é o caso da creación do Centro de Día en Cambados, que leva anos contemplados nos orzamentos, e que a día de hoxe aínda non se executaron, ao igual que o pabellón de Ogrobe cuias obras estiveron paralizadas casi todo este ano ou a construción do novo CEIP de Vilalonga que pasou de ter unha partida de casi catro millóns de euros a 20.000€ que son os que lle destinan para o 2015.

Hospital do Salnés

Para o BNG é inxustificábel que a tan demandada ampliación do Hospital do Salnés non teña unha partida específica para a súa ampliación. Unha vez máis os veciños e veciñas do Salnés son enganados polo Partido Popular, que leva seis anos desde a súa chegada ao goberno prometendo as obras de reforma e ampliación do hospital e que demostra con isto que o Hospital do Salnés non é unha prioridade para a Xunta de Galiza.

Finalmente, o BNG esixirá que haxa unha partida específica para a ampliación do hospital e pregunta que vai pasar cos máis dos catro millóns de euros que estaban contemplados no orzamento deste ano.

 

 

Prado: “ A comarca do Salnés queda relegada á irrelevancia nos Orzamentos da Xunta de Galiza"