Montse Prado reuniuse coa Xunta Directiva de Persoal do Hospital do Salnés

Xuntanza anterior de Montse Prado coa Xunta de Persoal do Hospital do Salnés
Montse Prado reuniuse coa Xunta Directiva de Persoal do Hospital do Salnés

Prado e a Xunta Directiva de Persoal do Hospital do Salnés coinciden na necesidade dunha partida específica para a ampliación do hospital.

A deputada do BNG, Montse Prado reuniuse esta mañá cunha representación da Xunta Directiva de Persoal do Hospital do Salnés para analizar a falta de partida económica para as obras de ampliación do hospital nos 2014.10.24- montse e xunta persoal hospital salnésOrzamentos da Xunta de Galiza do 2015.

Na xuntanza mantida coincidiuse no escepticimo a respecto de que haxa vontade por parte da Xunta de Galiza de facer realidade a ampliación, ampliación que desde o BNG, como os veciños e veciñas da comarca e a Xunta Directiva de Persoal leva anos demandando para unha mellora na calidade dos servizos e atención dos usuarios e usuarias.

Unha vez máis o Partido Popular e a Xunta de Galiza demostran a falta dun compromiso claro con dita ampliación, non entendendo que logo de meses co proceso de licitación as obras a día de hoxe non estén adxudicadas.

Tanto o BNG como a Xunta Directiva de Persoal do Hospital do Salnés valoraron que é necesaria e imprescindíbel esta ampliación e coinciden na necesidade de que nos Orzamentos do 2015 vaia unha partida específica.

O BNG lamenta que o Partido Popular confirmara e falara no Parlamento, a través da Directora Xeral da Consellaría de Sanidade, xa de prazos no 2016 e 2017, verificando con isto, que durante todos estes anos estiveron mentindo a toda cidadanía da comarca. Montse Prado pregunta onde está o compromiso do Sr. Feijoó no debate do Estado da Nación e das declaracións da Conselleira Mosquera que hai dous días reiteraba que nos orzamentos do 2015 si se contemplaba unha partida.

Desde o BNG trasladamos a nosa preocupación de que non haxa partida algunha para o 2015, preocupación compartida pola Xunta de Persoal do Hospital do Salnés e seguiremos traballando, facendo contactos e todo tipo de actuacións para que a Xunta de Galiza contemple nos orzamentos unha partida específica para o 2015.

 

Montse Prado reuniuse coa Xunta Directiva de Persoal do Hospital do Salnés