Montse Prado pregúntalle ao goberno galego por que sigue negando unha ambulancia medicalizada
A deputada, Montse Prado pregúntalle ao goberno galego cales son as razóns polas que sigue negando a dotación dunha ambulancia medicalizada de soporte vital na comarca do Salnés.
A parlamentaria do BNG, Montse Prado defendeu hoxe, na comisión de Sanidade, as demandas dun grupo de técnicos de emerxencias sanitarias da zona do Salnés que reivindican melloras nos servizos de urxencias para non poñer en risco a sáude dos veciños e veciñas da comarca, ao considerar que os recursos sanitarios existentes no Salnés non permiten a atención de patoloxías de extrema gravidade tendo en conta ademais que o hospital do Salnés non conta cunha UCI.
Prado manifestou que o acontecido hai uns días nun campo de fútbol en Vilanova de Arousa, onde unha crianza tivo que esperar máis de media hora para ser atendido polos servizos de urxencias, e que ao final tivo que ser traslado polo helicóptero do 061, por estar as ambulancias operativas, ven a demostrar o déficit de medios tanto materiais como humanos na comarca do Salnés para dar resposta ás urxencias.
A nacionalista recrimínalle ao Xerente do Sergas que afirme que na comarca hai unha ambulancia medicalizada de soporte vital avanzado, cando esta só é para traslados entre centros e non poden realizar servizos extra-hospitalarios, o compromiso do PP na Xunta de Galiza volve a ser cero ao tratar aos veciños e veciñas do Salnés de terceira categoría, sinala Prado.
Non teñen razóns e argumentos. A única contestación é mentira, prepotencia e negación da realidade que todos e todas vemos todos os días na comarca
Montse Prado lémbralle ao Xerente do Sergas que o 061 aforrou 3 millóns de euros na licitación do Servizo de Transporte Sanitario Urxente Terrestre de Galiza, polo que hai dispoñibilidade orzamentaria, e recrimínalle que se siga negando a dotación dunha ambulancia medicalizada de soporte vital avanzado á comarca do Salnés, comarca cunha altísima densidade de poboación, e cunha altísima siniestrabilidade debido a actividad económica.