O BNG INSTA Á CONSELLARÍA DO MAR Á REGULARIZACIÓN DOS PARQUES DE CULTIVO EN CARRIL

O BNG INSTA Á CONSELLARÍA DO MAR Á REGULARIZACIÓN DOS PARQUES DE CULTIVO EN CARRIL

O deputado do BNG, Daniel Rodas leva este mércores á Comisión de Pesca do Parlamento galego unha proposición non de lei instando a necesidade de que a Consellaría de Medio Rural e Mar deixe de predicar as virtudes do consenso e faga xustamente o contrario e lle poña freo a máis de 23 anos de parálese e despropósito na regularización dos parques de Carril con un mínimo de sentido común e contando coa participación da Agrupación de Parquistas e a confraría de Carril.

Unha actividade que leva no limbo dende que no goberno de Manuel Fraga aprobara o Decreto 158/1991, de 16 de marzo mediante o cal se desenvolveu o Procedemento de Revisión e Ordenación dos parques de cultivo de Carril, chegando a revisarse o 85% do total dos parques.

Incomprensíbelmente a Consellaría, a pesares dos seus compromisos públicos co sector, no canto de rematar este traballo optou por iniciar un novo procedemento sen contar nin co traballo levado a cabo na década dos noventa nin contando coa participación e colaboración dos propios afectados, tal como contemplaba o propio regulamento.

Para Daniel Rodas, esta maneira de actuar escenifica o verdadeiro modus operandi do partido popular que por encima dos intereses do sector: a regularización da actividade, a mellora da produción, transparencia na trazabilidade, control das importacións, defensa dunha marca histórica inmaterial,...unicamente está preocupado de manter a rede clientelar, antepoñendo os seus intereses partidarios a de máis de 650 familias que xeran unha importante actividade. Estamos a falar dunha actividade que traspasa as nosas fronteiras pero que dentro da propia Comarca é o principal sector en número de empregos, que distribúe a riqueza entre pequenos autónomos e asalariados, e contribúe a afortalar outras actividades directamente relacionados co Salnés: turismo, gastronomía, comercialización, etc

O BNG vai demandar que se desenvolva con axilidade a regulación dos 1.200 parques de cultivo de Carril contando coa participación e colaboración do sector para que sexa unha ferramenta ao servizo da actividade económica da Comarca e non pensando en intereses espúreos do Partido Popular.

 

O BNG INSTA Á CONSELLARÍA DO MAR Á REGULARIZACIÓN DOS PARQUES DE CULTIVO EN CARRIL