O BNG DO SALNÉS PRESENTA A XORNADA NACIONAL SOBRE PESCA QUE SE CELEBRARÁ NA ILLA DE AROUSA.

O BNG DO SALNÉS PRESENTA A XORNADA NACIONAL SOBRE PESCA QUE SE CELEBRARÁ NA ILLA DE AROUSA.

O Responsábel Comarcal Xoán Allegue, xunto con Daniel Rodas, deputado no Parlamento Galego responsábel da Área de Mar e, Ana Miranda, candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo compareceron hoxe en rolda de impresa para presentar a Xornada Nacional que baixo o título “Galiza, nación pesqueira en Europa e no mundo” celebrarase este sábado día 22 na Illa de Arousa.

O responsábel comarcal Xoán Allegue, destacou a importancia do sector do mar na nosa comarca e os problemas que están a ter nestes últimos tempos, redución de cota na frota do cerco, sector bateeiro afectado continuamente polos episodios de toxina, mortandade do marisco, etc. de aí que se escollese a celebración desta xornada no Salnés.

Para o deputado Daniel Rodas o que se prentende con esta xornada é chegar a pontos de encontro co sector do mar para reflexionar sobre a situación dramática que están a vivir nestes momentos e que se viron agravadas nos últimos meses polas condicións meteorolóxicas. Para o nacionalista a razón de facer esta xornada na comarca do Salnés ven sendo porque a Ría de Arousa é o corazón do país en materia de pesca, marisqueo e acuicultura ademais da importancia que ten a industria conserveira e poder así compatir reflexións coa xente do mar.20140219_123518

Ademais, o deputado nacionalista denunciou as políticas que están a desenvolver os gobernos do PP en Galiza e Madrid e tamén polas políticas ditaminadas pola Unión Europea que ten unha incidencia directa co que ten que ver co día a día nas políticas pesqueiras e onde Galiza sempre sae perxudicada.

Para a candidata Ana Miranda a importancia de que Galiza esté representada na Unión Europea é para que se poida ter voz, voto e veto en relación ás políticas dos nosos sectores produtivos e nomeadamente da política pesqueira da que viven moitos familias galegas.

Ana Miranda fixo un pequeno percorrido desta última lexislatura no Parlamento Europeo onde grazas ao BNG a pesca artesanal e o marisqueo foron recoñecidos como tal ademais de acadar que o mexillón fose considerado como especie subvencionábel no caso de térense almacenado en momentos de crise para o sector bateeiro ou por condicións meteorolóxicas .

Nesta xornada, ademais de participar Ana Miranda e Daniel Rodas contarase coa presenza do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence e de intervencións de persoas relacionadas co sector do mar.

 

O BNG DO SALNÉS PRESENTA A XORNADA NACIONAL SOBRE PESCA QUE SE CELEBRARÁ NA ILLA DE AROUSA.