O BNG de Catoira solicítalle ao concello manter en condicións os edificios municipais.
O portavoz municipal do BNG, Xoán Castaño, critica ao Sr. García pola súa obsesión de inaugurar o Edificio Multiusos en vésperas das vindeiras eleccións municipais, e que comenzara a súa construción en plena explosión da crise, coincidindo co inicio da campaña electoral das municipais do 2007, namentras outros edificios municipais se atopan nun estado de deterioro e abandono por parte do concello.
O nacionalista sinala o desleixo que o alcalde e o seu grupo de goberno ten hacia outros edificios municipais, que se atopan nun estado lamentábel, como é o caso do Centro de Interpretación, en pleno contorno das Torres Vikingas, un dos principais atractivos do noso concello, e que a día de hoxe aínda está sen inaugurar.
O BNG de Catoira pídelle ao alcalde que lle adique un pouquiño de atención ao mantemento das obras e dos edificios, non se trata só de construír por construír para acadar réditos electorais, se non de manter en condicións os edificios municipias para o uso ou disfute dos veciños e veciñas de Catoira e das persoas que se achegan ao noso pobo sinala o portavoz municipal .
O nacionalista demándalle ao alcalde que denuncie a situación na que se atopa o Centro de Interpretación e lle esixa á empresa o arranxe dos desperfectos do edificio que foi construido con cartos públicos.