O BNG de Catoira apoiará as medidas de presión social que inicie a directiva do club de piragüismo
O estado das instalacións do club de piragüismo As Torres, denunciado pola súa directiva en distintas ocasións, é absolutamente lamentable.
Estas instalacións, non reúnen nestes momentos as condicións hixiénicas e sanitarias para que poidan ser utilizadas polos piragüistas, de feito a aparición dun foco de fungos así o corrobora.
A isto hai que engadirlle que as instalacións, non cumpren coas normas de seguridade, polo que nestes momentos é un perigo o seu uso. (Hai poucos días, un secador de mans queimouse cando foi activado por un piragüista).
Diante deste estado deplorable, dúas administracións, enfrontadas para dirimir quen é máis gallito, o presidente da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Catoira, cúlpanse mutuamente, e ningún dos dous asume a súa responsabilidade, obstaculízanse intencionadamente, antepoñendo os seus egos persoais ás necesidades dos e das piragüistas e non asumen ningunha responsabilidade . Ao mesmo tempo o PP de Catoira, entre a lealdade ao seu xefe e a desidia, non move nin un dedo, é dicir, non fai absolutamente nada para tratar de arranxar a situación.
O BNG de Catoira por medio do seu deputado provincial, presentará unha batería de preguntas no pleno da deputación para esclarecer o estado do expediente das subvencións.
O BNG de Catoira apoiará as medidas de presión social que inicie a directiva do club, e ao mesmo tempo, solicitará que se presenten no vindeiro pleno os informes que se citan. Ao mesmo tempo convocar ao presidente do club e ás nais e pais para que acudan.
Que as autoridades sanitarias elaboren un informe acerca das condicións das instalacións.
Que os técnicos do concello supervisen e elaboren a súa vez un informe sobre as condicións de seguridade das citadas instalacións.
Que o alcalde explique polo miúdo como e en que fase se encontra este proxecto de mellora das instalacións do club.
Que se permita nese pleno, para garantir a transparencia e a participación, a intervención do presidente do club As Torres, ou da persoa en quen delegue.
- Que se permita tamén a participación das nais e pais das rapazas e rapaces podendo facer as preguntas que estimen aos membros da corporación.
Xoán X. Castaño. Portavoz municipal do BNG. CATOIRA.